Infraestruturas e Urbanismo
Inicio » Concello » Areas do Goberno » Infraestruturas e Urbanismo
ACTUALIDADE
10
Ago
2022
O CONCELLO TEN LISTO UN PROXECTO DE INFRAESTRUTURAS AMBIENTAIS E DIXITAIS EN VARIAS RÚAS COA INSTALACIÓN DE CONXUNTOS ARBÓREOS E ZONAS DE DESCANSO
O Concello de Vilalba ten listo un innovador proxecto de infraestruturas ambientais, sociais e dixitais coa inclusión de conxuntos arbóreos e zonas verdes en varias...
5
Ago
2022
O CONCELLO PRESENTA UN PROXECTO DE RECUPERACIÓN “INNOVADOR, SOSTIBLE E RESPECTUOSO COA CONTORNA” DO TRAMO DO CAMIÑO DE SANTIAGO QUE PASA POLA VILA
O Concello de Vilalba ten listo un proxecto de recuperación do Camiño de Santiago desde o polígono industrial a Ponte Rodríguez, o cal implica o...
QUE FACEMOS
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL URBANISMO
A Oficina Técnica de Urbanismo e Rehabilitación municipal está ao servizo dos cidadáns para resolver calquera tipo de dúbida relacionada co urbanismo, a execución de proxectos de edificación ou o ordenamento. É este departamento o encargado de informar acerca dos permisos para a execución de obras particulares en todo o termo municipal.
Xestións que leva a cabo
- Asesora e informa ao público das actuación que contempla o Plan de Vivenda que esté vixente.
- Tramita os expedientes e asesora no seguimento técnico de obras do Plan de Vivenda, sen suplir o oficio de dirección de obra.
- Realiza as visitas técnicas que se estimen oportunas nas actuacións de rehabilitación con axudas autonómicas ou estatais, sen suplir o oficio de dirección e obra
- Supervisa os orzamentos.
- Colabora e coordina as accións e programas que desenvolve a Oficina cos departamentos municipais implicados.
- Informa doutras actuacións subvencionables.
- Asesoramento Técnico construtivo en aspectos que melloren as condicións de habitabilidade, funcionalidade e seguridade da vivenda.