Políticas Sociais, Economía e Facenda, e Comercio

ACTUALIDADE

7
Mar
2023
O CONCELLO DE VILALBA FALARÁ COAS FAMILIAS A POSIBILIDADE DE AMPLIACIÓN DE PRAZAS NO COMEDOR DA ESCOLA DE EDUCACIÓN INFANTIL POSTO EN MARCHA POLO GOBERNO LOCAL
O Concello de Vilalba reunirase este xoves, 9 de marzo, ás 19:00 horas na Casa da Cultura coas familias que están a realizar as prematrículas...
28
Feb
2023
VILALBA RECIBE SETE MILLÓNS EN INVESTIMENTOS DO GOBERNO GRAZAS AOS PROXECTOS E AS XESTIÓNS REALIZADAS POLO CONCELLO
O delegado do goberno en Galicia, José Miñones, destacou hoxe en Vilalba os 7 millóns de euros en investimentos do Goberno que recibirá a vila...
23
Feb
2023
O CONCELLO DE VILALBA SOLICITA UNHA SUBVENCIÓN DOS FONDOS NEXT GENERATION DA UE PARA MELLORAR A XESTIÓN DO SERVIZO DE AUGA MUNICIPAL
O Concello de Vilalba solicitou unha subvención con cargo aos Fondos Next Generation da UE para a mellora da eficacia e da eficiencia do ciclo...
20
Xan
2023
O GOBERNO LOCAL DE VILALBA VISITA O MERCADO DA VILA, APOIA AOS NOVOS PRODUTORES E ANIMA Á VECIÑANZA A MERCAR NOS SEUS POSTOS
O goberno local de Vilalba visitou esta mañá o mercado de vila para poñer en valor os produtos locais e animar á veciñanza a mercar...
5
Dec
2022
O NADAL CHEGA MAÑÁ AO CONCELLO DE VILALBA CO ACENDIDO DAS LUCES
O Concello de Vilalba dá mañá, martes, o pistoletazo de saída ás festas do Nadal co acendido das luces diante do Concello. A partir das...
2
Dec
2022
O CONCELLO DE VILALBA PRESENTA A SÚA PROGRAMACIÓN DE NADAL CUNHA VARIADA OFERTA LÚDICA, CULTURAL E FESTIVA
O Concello de Vilalba presentou esta mañá a súa programación de Nadal cunha variada oferta lúdica, cultural e festiva para todas as idades, que se...

QUE FACEMOS

As políticas sociais conforman un piar básico e prioritario da acción de goberno, entendidas como un conxunto de accións que engloban a atención á veciñanza naquelas necesidades asistenciais ou en apoio da calidade de vida. Cunha poboación dispersa, rural e cun alto grao de envellecemento, prestamos especial atención ás problemáticas dos colectivos máis vulnerables para dar cobertura pública con programas dirixidos a quen máis o precisa.

Os Servizos Sociais Municipais son o instrumento máis eficaz para garantir a atención das necesidades sociais de toda a poboación do municipio e previr a desigualdade, ofrecendo orientación sobre os programas e recursos sociais públicos e privados dedicados a favorecer a integración e a mellora da calidade de vida das persoas en situación de desvantaxe social,  así como tamén a súa canalización, cando sexa necesario, a outros servizos ou recursos.
Existen dentro do departamento programas específicos que traballan con determinados sectores de poboación, como pode ser o  servizo de prevención de consumo de substancias aditivas e tratamento do alcoholismo, ou a información, integración  e asesoramento legal a persoas inmigrantes.
Así mesmo contamos con:

– Centro Ocupacional de Discapacitados Psíquicos
– Escola Infantil Municipal
– Unidade de Atención Temperá
– Xestionamos o comedor da EEI

CONTACTO