Promoción do territorio e turismo

ACTUALIDADE

25
Mai
2022
O CONCELLO DE VILALBA SACA A LICITACIÓN A RENOVACIÓN DO ALUMEADO EN VARIOS NÚCLEOS DAS PARROQUIAS DE SANTABALLA E RIOAVESO
O Concello de Vilalba saca a licitación unhas obras para a renovación das instalacións e o alumeado exterior nos núcleos de poboación de O Carrizo...
20
Mai
2022
O CONCELLO APROBA UNHA MODIFICACIÓN DE CRÉDITO DE 662.288 EUROS CON CARGO AO REMANENTE PARA OBRAS DE MELLORA DOS SERVIZOS E INFRAESTRUTURAS DO MUNICIPIO
O Concello de Vilalba celebrou esta mañá un pleno extraordinario no que se aprobou unha modificación de crédito de 662.288,08 euros con cargo ao remanente...
10
Mai
2022
O CONCELLO RENOVARÁ A SINALIZACIÓN DO CASCO URBANO CON MÁIS DE 160 INDICACIÓNS PARA VECIÑOS E VISITANTES
O Concello de Vilalba renovará os paneis con sinalización informativa do casco urbano, co obxectivo de mellorar os servizos para os seus veciños e os...
5
Mai
2022
O CONCELLO DA UN NOVO PASO NA SÚA APOSTA POLA SEGURIDADE VIARIA E A PRIORIDADE PEONIL COA INSTALACIÓN DE SINAIS INDICATIVAS NOS PASOS DE PEÓNS
O Concello de Vilalba continúa coa súa aposta pola humanización do casco urbano, con diferentes actuacións e iniciativas destinadas a darlle prioridade ás persoas sobre...
27
Abr
2022
O CONCELLO DE VILALBA SOLICITA UNHA SUBVENCIÓN AO GOBERNO A TRAVÉS DO PIREP PARA CONVERTIR A CASA CONSISTORIAL NUN EDIFICIO EFICIENTE, ACCESIBLE E FUNCIONAL
O Concello de Vilalba solicitou unha subvención ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, a través do Programa de impulso á rehabilitación de edificios...
12
Abr
2022
O CONCELLO PRESENTA O SEU ESTUDO DE MOBILIDADE PARA MELLORAR A ACCESIBILIDADE DA VILA, REORDENAR O TRÁFICO E IMPULSAR OS DESPRAZAMENTOS A PÉ
O Concello de Vilalba presentou esta mañá o seu Estudo de Mobilidade e Espazo Público (EME), unha ferramenta fundamental para a planificación e a implementación...

QUE FACEMOS

Vilalba é un concello cunha gran potencialidade turística.

Contamos cunha gran riqueza patrimonial, o Camiño de Santiago atravesa o municipio e temos unha potente gastronomía, entre outros moitos atractivos.

A ubicación estratéxica de Vilalba e as súas excelentes comunicacións converten a Vilalba nun destino moi atractivo e de proximidade para o turismo. Dispoñemos dunha gran variedade de servizos e comercios preparados para acoller as diversas demandas do turismo, facéndolle a estancia máis cómoda.

Por esta razón, nos últimos anos, estamos a traballar na promoción e dinamización do territorio co obxectivo de poñer en valor os recursos patrimoniais do Concello e impulsar o turismo.

PRINCIPAIS SERVIZOS DA OFICINA MUNICIPAL DE TURISMO

  • Planificación e coordinación da xestión e promoción turística local.
  • Recopilación de información sobre os recursos turísticos de Vilalba e da contorna.
  • Atención presencial, telefónica, por correo electrónico e correo postal en galego, castelán e inglés.
  • Elaboración dun banco de imaxes dos principais recursos turísticos do Concello.
  • Creación e actualización de contidos na páxina web de turismo.
  • Colaboración co sector turístico local, outras oficinas de turismo da contorna e a Deputación de Lugo, Xunta de Galicia e outras institucións, etc.
  • Edición de material turístico informativo e promocional.
  • Información sobre o Camiño de Santiago e selado de credenciais.
  • Elaboración de bases de datos coa oferta de aloxamentos, establecementos hosteleiros e comercios para telo a disposición do turismo.
  • Presencia e promoción en feiras de interese turístico.
  • Divulgación da oferta cultural, feiras e eventos entre o turismo.
  • Rexistro estadístico de turistas e visitantes clasificados pola súa procedencia xeográfica.

Oficina de Turismo de Vilalba

Pza. Suso Gayoso, 1

27800 Vilalba – Lugo

turismo@vilalba.es

982 52 39 11

www.turismovilalba.es

 

MUSEO DE PREHISTORIA E ARQUEOLOXÍA DE VILALBA

O Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba iniciou a súa actividade fai máis de trinta anos, permitindo ao público facer un percorrido entretido e didáctico sobre a Prehistoria e a Historia Antiga de Galicia.

Ademais da exposición permanente, tamén realiza outras exposicións de carácter temporal e organizanse temas trimestrais, cursos, publicacións e actividades diversas que lle dan un gran dinamismo ao centro.

O Museo posúe unha serie de laboratorios destinados ó apoio das investigacións que leva a cabo. Conta co equipamento necesario para servir de apoio a escavacións arqueolóxicas, para catalogar os fondos e para acometer distintas análises de sedimentos, pole, sementes, microscópicas, etc.

Os materiais arqueolóxicos que alberga proceden principalmente particulares xacementos e descubrimentos feitos no curso de escavacións arqueolóxicas promovidas polo Museo e por outras entidades.

 

Museo de Prehistoria e Arqueoloxía

Rúa Dr. Domingo Goas, 2 27880

museo@museovilalba.org

982 511 383

CONTACTO