Políticas Sociais, Economía e Facenda, e Comercio

Políticas Sociais, Economía e Facenda, e Comercio

Actualidad

Qué hacemos

Economía e Facenda

Contacto

ACTUALIDADE

7
Mar
2023
O CONCELLO DE VILALBA FALARÁ COAS FAMILIAS A POSIBILIDADE DE AMPLIACIÓN DE PRAZAS NO COMEDOR DA ESCOLA DE EDUCACIÓN INFANTIL POSTO EN MARCHA POLO GOBERNO LOCAL
O Concello de Vilalba reunirase este xoves, 9 de marzo, ás 19:00 horas na Casa da Cultura coas familias que están a realizar as prematrículas...
28
Feb
2023
VILALBA RECIBE SETE MILLÓNS EN INVESTIMENTOS DO GOBERNO GRAZAS AOS PROXECTOS E AS XESTIÓNS REALIZADAS POLO CONCELLO
O delegado do goberno en Galicia, José Miñones, destacou hoxe en Vilalba os 7 millóns de euros en investimentos do Goberno que recibirá a vila...
23
Feb
2023
O CONCELLO DE VILALBA SOLICITA UNHA SUBVENCIÓN DOS FONDOS NEXT GENERATION DA UE PARA MELLORAR A XESTIÓN DO SERVIZO DE AUGA MUNICIPAL
O Concello de Vilalba solicitou unha subvención con cargo aos Fondos Next Generation da UE para a mellora da eficacia e da eficiencia do ciclo...
20
Ene
2023
O GOBERNO LOCAL DE VILALBA VISITA O MERCADO DA VILA, APOIA AOS NOVOS PRODUTORES E ANIMA Á VECIÑANZA A MERCAR NOS SEUS POSTOS
O goberno local de Vilalba visitou esta mañá o mercado de vila para poñer en valor os produtos locais e animar á veciñanza a mercar...
5
Dic
2022
O NADAL CHEGA MAÑÁ AO CONCELLO DE VILALBA CO ACENDIDO DAS LUCES
O Concello de Vilalba dá mañá, martes, o pistoletazo de saída ás festas do Nadal co acendido das luces diante do Concello. A partir das...
2
Dic
2022
O CONCELLO DE VILALBA PRESENTA A SÚA PROGRAMACIÓN DE NADAL CUNHA VARIADA OFERTA LÚDICA, CULTURAL E FESTIVA
O Concello de Vilalba presentou esta mañá a súa programación de Nadal cunha variada oferta lúdica, cultural e festiva para todas as idades, que se...

QUE FACEMOS

As políticas sociais conforman un piar básico e prioritario da acción de goberno, entendidas como un conxunto de accións que engloban a atención áveciñanza naquelas necesidades asistenciais ou en apoio da calidade de vida.Cunha poboación dispersa, rural e cun alto grao de envellecemento, prestamos especial atención ás problemáticas dos colectivos máis vulnerables para darcobertura pública con programas dirixidos a quen máis o precisa.

Os Servizos Sociais Municipais son o instrumento máis eficaz para garantir a atención das necesidades sociais de toda a poboación do municipio e previr a desigualdade, ofrecendo orientación sobre os programas e recursos sociais públicos e privados dedicados a favorecer a integración e a mellora da calidade de vida das persoas en situación de desvantaxe social,  así como tamén a súa canalización, cando sexa necesario, a outros servizos ou recursos.
Existen dentro do departamento programas específicos que traballan con determinados sectores de poboación, como pode ser o  servizo de prevención de consumo de substancias aditivas etratamento do alcoholismo, ou a información, integración  e asesoramento legal a persoas inmigrantes.
Así mesmo contamos con:

- Centro Ocupacional de Discapacitados Psíquicos
- Escola Infantil Municipal
- Unidade de Atención Temperá
- Xestionamos o comedor da EEI


ECONOMÍA E FACENDA

Este departamento contén as ordenanzas fiscais, os programas económicos e a presentación dos orzamentos en vigor.

A comarca da Terra Chá caracterízase por un elevado peso do sector primario. O noso concello participa deste elemento como fundamental, aínda que se individualiza polo elevado desenvolvemento relativo do seu casco urbano, que actúa como centro de servicios sanitarios, deportivos, culturais, educativos e de ocio, e de relevo comarcal.

No que ten que ver co desenvolvemento empresarial, cabe sinalar que Vilalba conta cun importante tecido empresarial asentado basicamente arredor da capitalidade municipal. Dentro del destacan empresas de transformación de leite, industrias transformadoras de productos cárnicos (xamóns e embutidos), empresas distribuidoras de calzado, algunhas constructoras, empresas de transporte por estrada e de distribución de productos alimentarios,  fábricas de maquinaria agrícola,  serradoiros de madeira, concesionarios de automóbiles, un parador de turismo, hoteles, e un amplo abano de hostais, restaurantes e bares, así como outros negocios de servicios en xeral.

Vilalba conta cun polígono industrial bastante desenvolvido que se atopa xa en fase de ampliación e que conta cun total de 700.000 metros cadrados de solo industrial dispoñible actualmente, feito que favorece a instalación de empresas.

CONTACTO