Réxime interno, Seguridade cidadá e Servizos

Actualidad

Qué hacemos

Programas

Colectivos

Quieen Somos

Contacto

ACTUALIDAD

4
May
2022
O CONCELLO DE VILALBA SOLUCIONOU XA MÁIS DE 1.450 INCIDENCIAS GRAZAS AO SERVIZO DE COMUNICACIÓN ‘LIÑA VERDE’, CASE O 80% DOS AVISOS RECIBIDOS
O Concello de Vilalba recibiu desde a posta en marcha do servizo de comunicación ‘Liña Verde’ un total de 1.898 avisos de incidencias, dos que...

QUE HACEMOS

Las políticas sociales conforman un pilar básico y prioritario de la acción de gobierno, entendidas como un conjunto de acciones que engloban la atención al vecindario en aquellas necesidades asistenciales o en apoyo de la calidad de vida.

Con una población dispersa, rural y con un alto grado de envejecimiento, prestamos especial atención a las problemáticas de los colectivos más vulnerables para dar cobertura pública con programas dirigidos a quién más lo precisa.

Los Servicios Sociales Municipales son el instrumento más eficaz para garantizar la atención de las necesidades sociales de toda la población del municipio y prevenir la desigualdad, ofreciendo orientación sobre los programas y recursos #social públicos y privados dedicados a favorecer la integración y la mejora de la calidad de vida de las personas en situación de desventaja social, así como también su canalización, cuando sea necesario, la otros servicios o recursos. Existen dentro del departamento programas específicos los que trabajan con determinados sectores de población como puede ser el servicio de prevención de consumo de sustancias aditivas y tratamiento del alcoholismo, o la información, integración y asesoramiento legal a personas inmigrantes.

Asimismo contamos con un Centro Ocupacional de Discapacitados Psíquicos y una guardería municipal.

PROGRAMAS

El programa de Orientación, asesoramiento e información, tiene por objeto informar a la ciudadanía sobre los distintos derechos y recursos en materia de servicios sociales, así como orientar y asesorar a las personas y grupos que estén afectados por problemáticas específicas, diagnosticando la situación y derivándolos, si es necesario, a los servicios sociales de atención especializada.

SERVICIOS SOCIALES COMUNITARIOS BÁSICOS

É a porta de entrada aos servizos sociais, onde se reciben as demandas persoais, familiares e de colectivos, e polo tanto, onde se valoran as situacións de necesidade e os problemas sociais, proporcionándolles información, orientación e asesoramento dacordo cos dereitos sociais e recursos dispoñibles.

Desde este programa facilítase información de forma individualizada ás persoas, có fin de orientalas e asesoralas sobre as prestacións e os recursos propios do sistema público de Servizos Sociais, apoiandoas na tramitación de todas elas ou mobilizando os recursos dispoñibles que máis se adapten a cada problemática.

Así mesmo, préstase información sobre outros sistemas de protección social: educativo, sanitario óu de  vivenda.

PERSOAS DESTINATARIAS

Persoas e familias empadroadas/residentes no Concello de Vilalba

COMO ACCEDER

As veciñas e veciños dirixiránse ao persoal administrativo de Servizos Sociais sito na planta baixa do Concello. En función da demanda da persoa e a valoración das profesionais, resolverase no mesmo programa ou derivarase a outros que completen esta atención.

Conxunto de atencións prestadas ás persoas ou familias no propio domicilio para facilitar o seu desenvolvemento e a permanencia no seu medio habitual.

Poderán ser atencións de carácter persoal, domésticas, de acompañamento persoal e atencións de carácter psicosocial. Unha vez garantido o nivel básico de atención poderán incorporarse outras actuacións de carácter complementario.

Existen duas modalidades na prestación do servizo:

  • SAD para persoas dependentes valoradas a través do Sistema de Autonomía e Atención á Dependencia de Galicia (SAAD). O acceso para estas será prioritario e directo, e será o concello o que proceda a incluílas no servizo consonte o programa de asignación de recursos do antedito SAAD e a lista de agarda na que se inclúen en función do grao de dependencia outorgado.

O servizo é cofinanciado entre a administración local, autonómica e as persoas usuarias, que aportarán unha parte do custo do servicio en función da súa capacidade económica no caso das persoas dependentes.

  • SAF para as persoas sen recoñecemento de dependencia, as cales, previa solicitude, e logo da prescrición técnica dos traballadores sociais, accederán en réxime de libre concorrencia en aplicación dun baremo público que no que se valoran os déficits de autonomía, os factores de carácter persoal e socio-familiar, o apoio social, a situación da vivenda e outros que poidan dificultar a normalización social e a calidade de vida.

Este recurso inclúe os seguintes tipos de atencións de carácter básico

  • Atencións de carácter persoal.
  • Atencións de carácter doméstico e da vivenda.
  • Atencións de carácter psicosocial ou educativo.

Con carácter complementario, o servizo de axuda no fogar poderá incorporar, entre outros:

  • Actividades de acompañamento, socilización e desenvolvemento de hábitos saudables.
  • Servizo de préstamo de axudas técnicas para persoas en situacións de dependencia.
  • Prestacións de atención a distancia mediante dispositivos de teleseguimento, teleasistencia e similares.
  • Adaptacións funcionais do fogar.
  • Servizo de podoloxía.
  • Servizo de fisioterapia.

PERSOAS DESTINATARIAS

  • Persoas maiores con déficits de autonomía.
  • Persoas con discapacidade.
  • Familias con menores a cargo con necesidades de apoio a nivel socioeducativo.
  • Familias en risco de exclusión social.

COMO ACCEDER

A través do programa de valoración, orientación e información.

NORMATIVA

Orde do 22 de xaneiro de 2009, pola que se regula o servizo de axuda no fogar (DOG nº 22 do 2/02/2009)

Orde do 19 de abril de 2013 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e a atención á dependencia (DOG nº 86 do 6/05/2013

Ordenanza municipal do servizo de axuda no fogar.

Ordenanza reguladora do prezo público pola prestación do Servizo de axuda no fogar.

Enmarcados neste programa, o concello conta con outros servizos de atención domiciliaria que pretenden contribuir a que as persoas permanezan nos seus fogares o maior tempo posible e cun nivel de independencia e autonomía aceptable:

  • XANTAR NA CASA
  • TELEASISTENCIA DOMICILIARIA
  • PRÉSTAMO DE AXUDAS TÉCNICAS
XANTAR NA CASA

Servizo de comida a domicilio que pretende facilitar e garantir unha alimentación equilibrada e de calidade a persoas que non poden valerse por si mesmas para cubrir as súas necesidades básicas relacionadas coa compra ou elaboración de menús.

O custo do servicio e financiado polo Concello e o Consorcio galego de benestar, tendo que realizar as persoas usuarias unha aportación económica  por menú diario.

Persoas destinatarias:

Veciñas e veciños empadroadas no Concello de Vilalba, residentes, e que cumpran os seguintes requisitos:

  • Ser maior de 60 anos, con limitacións na súa capacidade de autonomía persoal, e sen rede de apoio que poidera suplir tal situación.
  • Menores de 60 en situación de exclusión social, tecnicamente avaliada polos servizos sociais do Concello.
  • Persoas dependentes, que carezan de apoio familiar, e requiren de axuda para a preparación de alimentos.

Como acceder:

As persoas demandantes deberán solicitar información no departamento de Servizos Sociais, onde se lle facilitará información detallada sobre o servizo e os documentos necesarios para formalizar a solicitude

TELEASISTENCIA DOMICILIARIA

Prestación técnica que ten por finalidade  facilitar a asistencia mediante o uso de tecnoloxías da información e da comunicación, ofrecendo a persoas unha resposta inmediata durante as 24h  do día, ante situacións de emerxencia, de inseguranza, soidade ou illamento, co fin de favorecer a súa permanencia no contorno habitual.

As usuarias e usuarios están en  contacto  permanente cunha central de atención a través dun terminal conectado á súa rede telefónica, que se acciona con só premer o botón dunha  pulseira ou medallón que deben levar sempre consigo.

A central de atención está asistida por un equipo de teleoperadores e teleoperadoras  profesionais que realizan funcións de seguimento e acompañamento social das persoas usuarias, ademais de mobilizar os recursos axeitados ante posibles situacións de emerxencia. Previamente este equipo de profesionais conta cunha ficha na que se recollen os datos necesarios da persoa usuaria relativos ás enfermidades que padece, medicación, familiares ou persoas de contacto, etc.

Hai dúas vías de acceso ao servizo: una para persoas DEPENDENTES valoradas, que accederán ao servizo a través da solicitude de valoración do recoñecemento de dependencia que se dirixe á Xunta de Galicia, e outra para persoas NON DEPENDENTES, que solicitarán directamente a inclusión no servizo.

O servizo para persoas non dependentes está subvencionado e xestionado pola Deputación de Lugo na súa totalidade, polo que os e as solicitantes desta modalidade non poderán superar o  límite de ingresos establecido.

Persoas destinatarias:

  • Veciñas e veciños empadroadas no Concello de Vilalba, residentes, maiores de 65 anos  non dependentes, tendo prioridade aquelas persoas que vivan soas permanentemente ou durante gran parte do día.
  • Non poderán superar  o límite de ingresos establecido para acceder ao servizo nin padecer enfermidades que lles impidan o manexo do dispositivo .
  • As persoas dependentes non necesitan cumprir o requisito da idade.

Como acceder

As persoas demandantes non dependentes deberán solicitar no departamento de Servicios Sociais  onde se lle facilitará información detallada sobre o servizo e os documentos necesarios para formalizar a solicitude.

O servizo para persoas non dependentes está subvencionado e xestionado pola Deputación deLugo na súa totalidade, polo que os e as solicitantes desta modalidade non poderán superar o  límite de ingresos establecido.

As persoas dependentes farano a través da  solicitude de recoñecemento da situación de dependencia.

Orde do 6 de setembro (DOG nº 180, de 17 de setembro de 2021) Operación financiada pola la Unión Europea a través do FONDO SOCIAL EUROEO (FSE) como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19 FSE
GALICIA 2014-2020

Está dirixido á inclusión social dos menores e das súas familias, e o seu obxectivo principal é promover a adquisición, por parte das familias, de competencias e habilidades para o correcto desenvolvemento das súas funcións parentais e educativas.

O programa de Educación Familiar divídese en tres programas: REFORZO SOCIEDUCATIVO DOS MENORES, ADESTRAMENTO E MODELAXE EN HABILIDADES PARENTAIS e ALFABETIZACIÓN E COMPETENCIA ORAL NAS LINGUAS OFICIAIS DE GALICIA.

REFORZO SOCIEDUCATIVO DOS MENORES

A educación é un dereito básico e principal instrumento de socialización e integración social. Mellora as expectativas laborais e salariais e aumenta a participación social. O fracaso escolar deriva nun abandono prematuro da ensinanza, e constitúe un dos principais factores que contribúen á aparición de situacións de marxinalidade, paro e exclusión social, converténdose nun grave problema: Segundo a Enquisa de Poboación Activa (EPA), no ano 2017, o 40.9% da poboación entre 25 e 64 anos, non tiña o título de Graduado en Educación Secundaria.

Por outra parte o informe “Panorama da Educación en España” da OCDE (Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos) pon de manifesto que España é un dos países europeos con máis abandono educativo: o 43% da poboación entre 25 e 64 anos e o 34% entre 25 a 34 anos, non completou a secundaria superior (Bacharelato e FP de grado medio). Estes porcentaxes duplícanse no caso dos/das inmigrantes. Este abandono na actualidade considerase temperan, porque para o desenvolvemento persoal e a inserción laboral, é imprescindible unha titulación post-obrigatoria.

No abandono prematuro dos estudios, inflúen situacións persoais, familiares e sociais, que é preciso ter en conta, para aportar os apoios e intervencións familiares e sociais precisas para superar este grave problema.

Neste programa, incluímos o reforzo, orientación e apoio escolar ás/ós menores das familias participantes no programa, mediante a coordinación con todos os centros escolares do noso municipio, para realizar un seguimento da súa evolución escolar.

A educación é o pilar que sustenta as sociedades do futuro, polo que traballar para mellorar os problemas do alumnado, será sempre unha inversión de futuro que mellore e transforme positivamente a sociedade na que vivimos.

Dentro deste programa, prestase unha atención especial ás/os menores inmigrantes( no padrón do ano 2018 constan 228 menores), e concretamente aos de orixe marroquí, por ser os que demandan este servizo, xa que, segundo a investigación educativa, a condición de alumno/a inmigrante agrava o problema do fracaso escolar e o abandono prematuro do sistema educativoEste fracaso escolar é de orixe multicausal, estando implicados diferentes factores, como:

  • O descoñecemento da lingua.

  • A diferencia de niveis académicos entre o país de orixe e España.

  • A limitación de recursos económicos, laborais e persoais que sofren estas familias.

  • Observamos que a maioría das familias destes menores non son conscientes da importancia da súa educación, que se agrava no caso das nenas, debido á súa cultura patriarcal, que favorece máis a educación dos nenos que a das nenas, o traballo das mulleres e o matrimonio precoz das mesmas, o que se converte nun obstáculo considerable para a súa educación, privándoas dos seus dereitos fundamentais.

O alumnado inmigrante ten dificultades engadidas no seu proceso de aprendizaxe, e polo tanto o seu esforzo debe ser maior. Todas estas dificultades debemos abordalas desde a individualidade de cada caso, para poñer en marcha os recursos apropiados en cada familia.

Obxectivo xeral:

Escolarización de todos os menores, dende os 3 anos (xa que a escolarización en infantil, mitiga a influencia dun entorno socioeconómico desfavorable) ata a obtención do Graduado en Educación Secundaria, como mínimo, motivando aos mozos e mozas a continuar a súa formación cursando estudios postobrigatorios: BAC, FP, universidade, elixindo aquelas profesións que se adapten máis ás súas preferencias e que teñan máis demanda e non as relacionadas tradicionalmente cun ou outro xénero.

Obxectivos específicos:

  • Implicación dos pais e nais nas tarefas escolares dos seus fillos/as, sobre todo dos pais, xa que é unha labor asumida tradicionalmente polas nais.

  • Seguimento das pautas indicadas polo profesorado dos centros educativos respecto aos fillos/as.

  • Promover un cambio de actitudes potenciando as relacións das familias cos colexios, e a súa implicación no proceso educativo dos seus fillos e fillas, sobre todo dos pais.

  • Proporcionar ós pais e ás nais pautas para motivar ós seus fillos e fillas a acadar un título académico acorde aos seus intereses e motivacións, sen distinción de apoio segundo o seu xénero. Este obxectivo é especialmente importante no caso das adolescentes marroquís, debido ás características patriarcais propias da súa cultura.

  • Adquisición de hábitos e técnicas de estudio que permitan ao alumnado aumentar o seu rendemento académico.

  • Apoio escolar nos casos que se estime necesario.

  • Apoiar ao alumnado inmigrante na aprendizaxe das linguas da nosa comunidade, imprescindible para un rendemento escolar axeitado.

  • Conseguir a reincorporación daqueles menores que abandonaron o sistema educativo sen acadar un título escolar, proporcionándolles asesoramento e orientación para a súa formación, motivándolles a elixir segundo os seus intereses, non segundo as profesións tradicionalmente consideradas dun ou outro xénero.

  • Reforzar nos menores a importancia dunha formación académica mínima que lles prepare para acceder no futuro ao mercado laboral.

  • Reducir o número de menores que abandonan prematuramente os seus estudios.

  • Eliminar o absentismo escolar.

  • Aumentar o rendemento escolar de todos os menores.

ADESTRAMENTO E MODELAXE EN HABILIDADES PARENTAIS

O concepto de familia cambiou considerablemente nas últimas décadas, adaptándose aos rápidos cambios sociais e económicos da sociedade. A familia segue a ser o grupo prioritario da sociedade, o que mellor pode promover o desenvolvemento igualitario a nivel persoal, social e intelectual dos e das menores, e protexelos de situacións de risco.

A tendencia actual dos grupos familiares é a ser cada vez mais reducidos e individualizados polo que teñen que afrontar tensións e situacións de estrés que poden esixir o apoio de profesionais da rede social.

Ademais, as dinámicas e os roles de xénero dentro das familias están cambiando (tanto os da parella como os dos seus fillos/as) baseándose en principios máis igualitarios. Estes cambios tamén afectan as relacións entre pais/nais e fillos/as que pasaron de ter unha estrutura xerárquica, a plantexarse como relacións máis horizontais e democráticas.

Sobre os pais/nais recae a responsabilidade de promover valores, actitudes e comportamentos saudables e responsables que favorezan o desenvolvemento san dos seus fillos/as e proporcionar un contexto axeitado de desenvolvemento e educación igualitaria para os seus membros.

Para isto, a miúdo a familia necesita apoio para afrontar os novos retos da sociedade actual coas dificultades engadidas xeradas polos rápidos cambios sociais, polo que deben dispoñer das competencias e recursos necesarios para dar resposta as diferentes problemáticas e necesidades familiares.

Dentro deste programa colaboramos estreitamente co Equipo Técnico do Menor, traballando conxuntamente naquelas familias con menores en situación de risco para, partindo das súas potencialidades , realizar unha intervención que modifique as circunstancias que remataron na situación de desprotección, programando actuacións para mellorar o medio familiar e capacitar aos pais e nais para atender axeitadamente as necesidades dos seus fillos/fillas, para que podan permanecer no seu núcleo familiar e teñan un desenvolvemento persoal, familiar, social e educativo axeitado.

Obxectivo xeral:

Promover a adquisición por parte das familias, de competencias e habilidades para o correcto desenvolvemento das súas funcións parentais e educativas, implicando especialmente aos pais na educación dos seus fillos/as, xa que esta tarefa é considerada tradicionalmente, responsabilidade das nais.

Obxectivos específicos:

  • Capacitar aos pais/nais para satisfacer as necesidades afectivas, educativas e materiais dos seus fillos/fillas, proporcionándolles as habilidades e hábitos necesarios.

  • Coñecer as características evolutivas dos/das menores ao seu cargo.

  • Comprender a importancia da escoita activa e da comunicación empática na relación cos seus fillos e fillas e como inflúe no control dos impulsos.

  • Utilizar estratexias de resolución de problemas e negociación.

  • Utilizar a disciplina para fomentar a autorregulación do comportamento nos seus fillos/fillas: límites construtivos, normas e consecuencias.

  • Aplicar as mesmas normas e disciplina sen ter en consideración o xénero dos e das menores.

  • Favorecer a integración e participación das familias en todos os ámbitos da vida comunitaria.

  • Motivar e apoiar a aqueles pais/nais sen formación a obter as Competencias Clave, para aumentar as súas posibilidades de integrarse no mercado laboral.

  • Detectar situacións de risco e desamparo dos menores do municipio, derivando a familia cando sexa necesario ao Equipo Técnico do Menor.

  • Seguimento das familias derivadas polo Equipo Técnico do Menor e aquelas derivadas xudicialmente.

  • Respecto ás familias con expediente aberto no Equipo Técnico do Menor, todos aqueles obxectivos incluídos no seu Plan de traballo, que aseguren un correcto desenvolvemento persoal, familiar, social e educativo dos menores e a cobertura das súas necesidades básicas.

ALFABETIZACIÓN E COMPETENCIA ORAL NAS LINGUAS OFICIAIS DE GALICIA

Aprender a lingua do país de acollida facilita a vinculación e integración sociocultural dos inmigrantes. Ser inmigrante e muller supón un dobre factor de risco de exclusión social, porque ás dificultades asociadas aos inmigrantes hai que engadir o feito de ser muller, e no caso das mulleres inmigrantes marroquís, existe ademais un terceiro factor de risco, debido as características patriarcais propias da cultura musulmán, que se agravan ao estar nun entorno novo onde as súas características culturais e relixiosas son minoría.

Este programa vai dirixido exclusivamente a mulleres inmigrantes con fillos menores a cargo, e aínda que está aberto a mulleres de todas as nacionalidades, ata o momento centrámonos nas mulleres marroquís porque son as que están a solicitar esta formación, posiblemente debido ás maiores diferencias idiomáticas e culturais. De feito, este programa o engadimos no ano 2017, debido a gran demanda existente deste colectivo, de recibir alfabetización en lingua castelá, requisito indispensable para integrarse na comunidade e acceder ao mercado laboral, que é outra demanda que realizan.

Na maioría dos casos, estas mulleres, trasládanse a vivir a nosa comunidade xunto cos seus fillos e fillas, cando os seus homes levan anos residindo e traballando no noso país. Por motivos laborais e de maior permanencia, os homes están mais integrados na comunidade e aprenden o idioma relativamente rápido, igual que os seus fillos/fillas, que se converten nos intérpretes da súa familia. Pero as mulleres, non participan na vida comunitaria, permanecen no fogar responsabilizándose das tarefas da casa e dos/das menores ao seu cargo, e solo se relacionan con outras mulleres da súa etnia, comunicándose no seu idioma, entrando nun círculo difícil de romper: non se relacionan con mulleres nativas porque descoñecen as linguas da nosa comunidade, e non poden aprender ditas linguas, porque solo se relacionan entre elas, aumentando a súa exclusión social e a súa dependencia dos seus homes, por carecer das habilidades básicas para desenvolverse nos trámites máis rutinarios.

Ao descoñecemento do idioma, hai que engadir, que en moitas ocasións, estás mulleres nunca estiveron escolarizadas no seu país. Segundo a UNESCO, en 2012 solo o 59,13% das mulleres estaban alfabetizadas, fronte a un 80,38% dos homes. Isto é unha dificultade engadida para a súa aprendizaxe do noso idioma. A gran diferenza que hai entre a alfabetización nas linguas da nosa comunidade masculina e feminina, é unha forma de discriminación que impide ás mulleres incorporarse á nosa sociedade en igualdade de condicións.

Obxectivo xeral:

Promover o aprendizaxe da lingua castelá das mulleres inmigrantes con fillos menores, como requisito imprescindible para integrarse na comunidade e acceder ao mercado laboral.

Obxectivos específicos:

  • Adquirir competencias lingüísticas, que permitan ás mulleres comunicarse coa comunidade, acceder ao mercado laboral e manter unha vida o mais autónoma posible.

  • Promover momentos diarios en que a comunicación no seno da familia sexa en lingua castelá, para acelerar o proceso de adquisición do idioma de toda a familia, imprescindible para a súa inserción na comunidade.

  • Ofrecer información acerca dos recursos municipais existentes, así como doutras entidades e servizos.

  • Introducir ás mulleres no coñecemento do seu entorno: país, comunidade autónoma, provincia, localidade e costumes locais.

  • Aumentar a súa participación na vida comunitaria: coñecer e participar nas festas e tradicións locais, relacionarse con mulleres nativas, participar xunto cos seus fillos/fillas en actividades promovidas polos centros escolares…

  • Proporcionarlles información sobre os trámites a seguir para a homologación dos seus estudios, motivándollas a continualos cando as súas circunstancias familiares e económicas o permitan.

  • Proporcionarlles información e acompañalas se é necesario, na realización de trámites como : matriculación dos fillos/fillas na Escola Infantil, matriculación nas Escolas Deportivas Municipais, solicitudes de nacionalidade para os seus fillos/fillas…..

O programa de Educación Familiar para a inclusión social dos menores e das súas familias, é complementario ao programa de inclusión social da oficina comarcal de Begonte.

As familias participantes son derivadas polos centros educativos, polo Equipo do Menor, pola Oficina Comarcal de Inclusión Social de Begonte e polas traballadoras e traballadores sociais deste concello. Cada vez máis familias acoden a este servizo a solicitar apoio para o desenrolo das súas funcións.

A intervención realízase maioritariamente no domicilio das familias. Trátase dun acompañamento individualizado para dar resposta ás problemáticas específicas que presenta cada familia en particular.

Estamos coordinados cos centros educativos, cos que mantemos reunións periódicas e conxuntas nas que están presentes os pais/nais dos menores, co Equipo do Menor, e coa oficina comarcal de inclusión social de Begonte.

Procura valorar, dar resposta ou derivar ao recurso idóneo as persoas en situacións ou risco de exclusión social.

Ademais das axudas que se tramitan e derivan a outras administracións, e das accións puntuais que se realizan desde este Departamento, o Concello conta con programas municipais  destinados a satisfacer necesidades básicas naquelas  unidades familiares en situación de precariedade que de algunha forma se impliquen na realización de accións encamiñadas a lograr superar a situación de exclusión na que se atopan.

BOLSAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Axudas para a adquisición de libros e material escolar dirixidas  ás familias con escasos recursos económicos para que poidan  facer fronte aos gastos derivados da escolarización das/dos seus fillas/os.

Persoas destinatarias

Alumnos e alumnas empadroadas/os no municipio que estean matriculados/as en centros educativos da localidade nos que se impartan ensinanzas de Educación Infantil,  e cuxos ingresos económicos  familiares  non superen a renda máxima establecida nas bases de convocatoria destas axudas.

Como se accede

Os país e nais ou titores legal dos menores deberán solicitar a axuda presentando o modelo oficial de solicitude  no prazo que se estableza antes do inicio de cada curso escolar.

Normativa

Bases da convocatoria de bolsas para a adquisición de libros e material escolar curso académico 2018/2019(BOP….)

PROGRAMA DE REFORZO DE ALIMENTOS

Reparto de produtos básicos de alimentación  realizados trimestralmente polo Concello de Vilalba dos alimentos procedentes do “Fondo de ayuda europea para los más necesitados”(FEAD).

Desde este programa tamén se da cobertura inmediata a situacións urxentes de carencia de alimentos.

 

Persoas destinatarias

Son personas e familias empadroadas e residentes en Vilalba  en situación de extrema vulnerabilidade producida por unha grave situación de precariedade económica.

Como se accede

As persoas poden solicitalo  no Departamento de servizos sociais, donde as traballadoras sociais municipais valorarán si a situación é supceptible de incluirse no antedito programa.

PROGRAMA DE EMERXENCIA SOCIAL

Prestacións non periódicas de carácter económico destinadas a facer fronte a gastos específicos de carácter extraordinario, necesarios para previr, evitar ou paliar situacións carenciais, urxencias sociais ou situacións de exclusión social.

Cubriránse necesidades básicas non cubertas por outros sistemas de protección: alimentos, vestiario, aloxamento; gastos sanitarios; impagos relacionados có uso e mantemento da vivenda habitual ou outros gastos excepcionais indispensables para previr a exclusión social. Constituirán un apoio á intervención social.

Persoas destinatarias

Persoas e unidades familiares en situacións ou risco de exclusión social que residan en Betanzos e estean empadroadas, con carácter xeral, alomenos con un ano de antelación á data de solicitude.

Como se accede

A través do programa de valoración, orientación e información.

Normativa

Ordenanza municipal de emerxencia social (BOP 38 de 16 de febrero de 2009)

SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS ESPECÍFICOS

O decreto  183/2013, do 5 de decembro, polo que se crea a Rede galega de atención temperá, no artigo 2 define a atención temperá  “como un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ao seu contorno, e que ten por obxectivo dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social. Desde os servizos de atención temperá ofrecerase unha intervención biopsicosocial que favoreza a adquisición ou a recuperación de funcións e de habilidades persoais e sociais para a mellora da autonomía, da convivencia social e familiar e da inclusión social”.

O servizo de Atención Temperá está subvencionado pola Consellería de Política Social.

As subvencións ás entidades locais para a prestación de servizos no marco da Rede galega da atención temperá están cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020.

O obxectivo (O.T.9) é promover a igualdade, a saúde e a inclusión social mediante un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos, a súa familia e contorna, co fin de facilitar a súa autonomía persoal e a dita inclusión.

Os concellos de Guitiriz, Vilalba e Xermade, uníronse para formar a agrupación no ano 2021, co fin de dar atención ás demandas das familias con nenas e nenos de 0 a 6 anos con algún tipo de dificultade e/ou necesidade no seu desenvolvemento, sexan ou non transitorias ou permanentes.

Esta atención termina aos 6 anos xa que se considera que coa escolarización ordinaria nun centro educativo, ofreceranse os recursos que se necesitan.

Este servizo atópase descentralizado, por tanto a atención das nenas e dos nenos realízase en cada concello o que pertencen. No caso de Vilalba está situado na Praza da Constitución nº 13.

O servizo de atención tempera (SAT) leva funcionando dende o 28 xullo de 2021 e ten por obxecto dar resposta ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan as crianzas con trastornos no seu desenvolvemento ou que teñan risco de padecelos. Estas intervencións deben considerar a globalidade da crianza, e serán planificadas polo equipo multidisciplinar do servizo.

A atención temperá esta recoñecida como un conxunto de accións que se orienta cara a prevención e intervención asistencial das crianzas que se atopan en situacións de risco ou presentan algunha discapacidade. Pero a la vez, son un conxunto de actuacións que pretenden garantir as condicións e resposta familiar nos diferentes contornos. É un servizo incluído dentro da carteira de servizos sociais e forma parte dos servizos sociais específicos dos Concellos.

O equipo interdisciplinar está formado por: unha logopeda, unha terapeuta ocupacional e unha fisioterapeuta. 

O  servizo de atención temperá comprende as seguintes prestacións:

  • Diagnose e valoración dos trastornos do desenvolvemento dos/das menores.
  • Desenvolvemento psicomotor.
  • Desenvolvemento cognitivo.
  • Desenvolvemento da linguaxe e comunicación.
  • Desenvolvemento da autonomía.
  • Desenvolvemento da área social e afectiva.
  • Apoio, información, habilitación e formación da familiar.

Para acudir a este servizo é necesario simplemente unha visita á ou ao pediatra de referencia para que esta ou este emita unha derivación que será unha folla cuberta por este profesional e que haxa que levar ao Servizo de Atención Temperá (SAT) do concello ao que pertenza a cativa ou o cativo.

Os axentes implicados nesta intervención non só son as nenas e os nenos, senón tamén toda a súa contorna: familia e servizos sanitarios, servizos educativos, servizos sociais, sociosanitarios e comunitarios. Polo tanto, é de vital importancia atender e cubrir as necesidades e demandas da familia, como do resto da contorna.

CENTRO OCUPACIONAL DE VILALBA

O centro ocupacional e un equipamento especializado de estancia diurna destinado a proporcionar atención integral ás persoas con discpacedade con necesidades de apoio límite e intermitente que polas súas características necesitan unha atención persoal para potenciar hábitos da vida diaria, así como actividades capacitadoras e terapéuticas de formación ocupacional e de desenvolvemento de habilidades persoais e sociais.

O centro ocupacinal é un servizo que ten por obxectivo principal proporcionar unha atención habiliotadora integral mediante programas de habilitación ocupacional e de axuste persoal e social, buscando o desenrolo da autoestima persoal e de progresos significativos que favorezan a futura integración socio-laboral dos usuarios do mesmo.

Prestamos servizo a persoas adultas con discapacidade intelectual de toda a Terra Chá, somos o centro de referencia na comarca e traballamos para seguir séndoo. Adaptamos os programas das distintas áreas ás caractíresticas, necesidades e intereses de cada usuario. Empregamos a psicoloxía positiva como práctica que
promove estados de ánimo positivo e que xera espazos de relacións interpersoais significativas e cargadas de afecto positivo.

Obxectivos:

  1. Ofrecer alternativas ocupacionais para o desenvolvemento persoal e social das persoas con discapacidade intelectual.
  2. Promover e potenciar as relacións interpersonais.
  3. Potenciar a autonomía persoal
  4. Potenciar a participación na comunidade

PROGRAMA DIRIXIDO Á INCLUSIÓN SOCIAL DA POBOACIÓN INMIGRANTE:ASESORAMENTO TÉCNICO PROFESIONAL NOS TRÁMITES DE ESTRANXERÍA

Subvencionado pola consellería de Política Social e cofinanciado polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 .

Programa dirixido á poboación inmigrante residente no Concello de Vilalba.

O noso concello experimentou nos últimos anos a chegada de inmigrantes, ata acadar no padrón do ano 2018 a cifra de 405 persoas de diferentes nacionalidades, o que supón o 2,87% da poboación.

O número de inmigrantes aumenta cada ano ao mesmo tempo que aumentan as súas demandas de axuda para a realización de trámites relacionados coas autorizacións e renovacións de residencia, homologación de títulos, reagrupacións familiares, nacionalidade dos fillos/as nacidos en España e outras cuestións relacionadas coa normativa española en materia de estranxeiría.

Consideramos básico dar resposta a estas demandas para que podan integrarse na nosa comunidade e exercer os seus dereitos como cidadáns.

OBXECTIVO XERAL

Proporcionar asesoramento técnico especializado en materias propias de estranxeiría aos inmigrantes residentes no noso concello.

OBXECTIVOS CONCRETOS

Proporcionar información, asesoramento e apoio nos trámites precisos para as autorizacións e renovacións de residencia, homologación de títulos, reagrupacións familiares, nacionalidade e outras cuestións relacionadas coa normativa española en materia de estranxeiría.

A escola infantil municipal conta con equipamiento diúrno de carácter educativo que permite os/as nenos/as o seu desenvolvemento integral e harmónico nos planos físicos, motor, emocional, intelectual e social e facilita o acceso dos pais e nais ao mundo laboral.

OFERTA DE PRAZAS:

A escola infantil municipal  conta con 3 unidades para nenos/as de 0-3 anos, cunha oferta total de 41 prazas.

  • 1 unidade de 0-1 anos con 8 prazas.
  • 1 unidade de 1-2 anos con 13 prazas.
  • 1 unidade de 2-3 anos con 20 prazas.

HORARIOS:

A Escola infantil prestará os seus servizos de setembro a xullo, ambos incluídos, de luns a venres en horario de 8:00 horas a 20:00 horas.

XORNADAS

  • Xornada Completa, coas seguintes modalidades:

a) Continuada: aquela na que o/a neno/a permanecen na escola máximo 8 horas.

b) Partida: aquela na que o/a  neno/nena permanece na escola en xornada de mañá e tarde como máximo de 8 horas.

  • Media Xornada, as medias xornadas serán como mínimo de 3 horas e como máximo 4 horas.

a) Media xornada de mañá .

b) Media xornada de tarde.

A escola pechará :

-Os días 24 e 31 de decembro.

-O 5 de xaneiro e o martes de entroido a escola pechará as 14:00h.

Persoas destinatarias

Poboación infantil de 0-3 anos con  prioridade no acceso aquelas e aqueles empadroados no Concello de Vilalba.

Presentando a solicitude no departemento de servizos sociais do Concello de Vilalba no prazo establecido.

NORMATIVA APLICABLE

Ordenanza Nº 15 ¨ Regulamento de réxime interno da escola infantil municipal do Concello de Vilalba¨

Ordenanza fiscal Nº 21 «Prezo público pola prestación do servizo da escola infantil do Concello de Vilalba»

Decreto 329/2005, de 28 de xullo, pola que se regulan os centros de menores e de atención á infancia.

Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que de regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e inspección dos servizos sociais de Galicia.

Lei Orgánica 2/2006 do 3 de maio de Educación.

Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.

Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

SERVIZO ESPECÍFICO DE ATENCIÓN ÁS MULLERES (CIM)

O Concello de Vilalba, a través dos servizos municipais de atención ás mulleres (CIM), pretende detectar as dificultades, necesidades e demandas das mulleres para facer valer os seus dereitos nos ámbitos profesional, social e familiar, ofertando unha atención específica ás mulleres vítimas de violencia de xénero e poñendo a disposición destas, os recursos e instrumentos que promoven a confianza nelas mesmas para esixir unha convivencia en igualdade.

Así mesmo, combina o labor asistencial co traballo formativo, desenvolvendo diversos programas, destinados a educar ás novas xeracións en valores que garantan a igualdade de oportunidades así como a prevención da violencia de xénero.

Centro de Información á Muller (CIM) fomenta a participación das mulleres en todos os ámbitos apoiando o asociacionismo das mulleres do Concello de Vilalba.

Funcións e servizos:

– Información e asesoramento xurídico a mulleres.

– Atención psicolóxica a mulleres vítimas de violencia de xénero.

– Información sobre os recursos dispoñibles no seu ámbito territorial.

– Difusión e sensibilización cidadá da vixencia e aplicación do principio de igualdade entre mulleres e homes.

– Canle de comunicación entre as usuarias e os distintos organismos con competencias en materia de muller.

– Información sobre cursos, estudos e xornadas en materia de igualdade de oportunidades e, en especial, difundindo as actividades e servizos que desenvolve a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

– Organización de conferencias, encontros, xornadas e cursos sobre temas de especial incidencia na consecución do principio de igualdade.

– Atención específica ás mulleres vítimas de violencia de xénero, poñendo á súa disposición o acceso aos recursos existentes na Comunidade Autónoma a través da xestión urxente cos servizos da policía, sanitarios, psicolóxicos, xudiciáis e sociáis que sexan oportunos.

– Recepción de denuncias e queixas en materia de discriminación por razón de sexo no ámbito da publicidade e os medios de comunicación e traslado destas ao órgano competente.

– Fomento do asociacionismo e da participación das mulleres na sociedade civil.

– Calqueroutra actividade que se adecúe ao obxectivo prioritario da consecución da igualdade.

O SERVIZO DE PREVENCIÓN DAS SUBSTANCIAS ADICTIVAS E OUTROS TRASTORNOS.

A.- Tratamento individualizado de condutas aditivas

No caso do sector específico do tratamento do alcoholismo as principais actuacións son:

  • A información, o asesoramento e a orientación ás persoas que presenten unha problemática relacionada co consumo de alcohol ou os seus familiares.
  • Asesoramento para a posibilidade de tratamento no propio servizo ou das accións necesarias tendentes á derivación a un servizo especializado.
  • Tratamento mediante terapias individuais e traballo co grupo familiar.

B.- Actuacións encamiñadas á prevención das drogodependencias

Vilalba conta cun servizo de prevención de condutas aditivas inscrito no Rexistro de entidades colaboradoras do Plan de Galicia sobre Drogas dende o ano 2005. Este servizo ven desenvolvendo un labor preventivo adaptando os programas de prevención ás directrices marcadas e ás necesidades e recursos dispoñibles

Os programas de prevención desenvólvense nos seguintes ámbitos de actuación:

  • Prevención Escolar

Un dos marcos de actuación para a redución da demanda do consumo de drogas é a promoción da saúde. Dende unha perspectiva de prevención universal, inclúese dentro dos programas formais de educación para a saúde, sendo a           súa poboación destinataria ao alumnado de ensino non universitario de Galicia.

  • Prevención Familiar
    Este programa ten como obxectivo previr a aparición do consumo de drogas e problemas asociados formando a un colectivo de clara implicación no proceso educativo dos menores.
  •  
  • Prevención Xuvenil
    Este programa ten como finalidade fundamental mellorar a seguridade viaria e evitar ou reducir a siniestralidade de mozo/as a causa do consumo de drogas.

– Programas de carácter complementario

Programa de prevención universal: cine e saúde: este programa desenvólvese a partir da visualización de producións cinematográficas comerciais, e así poder utilizar o cine como soporte didáctico para o traballo de crenzas coma de actitudes en adolescentes.

Programa de Prevención Laboral: o obxectivo deste programa é facilitar a implementación de actuacións destinadas á prevención do consumo de drogas e aos danos asociados a estes integradas nos plans de prevención de riscos laborais,

Programa de Prevención de Xénero: Penélope: a coordinación dentro do Departamento de Servizos Sociais de Base e o Servizo Específico de Información ás mulleres da como resultado a detección de casos de mulleres con consumos problemáticos, maioritariamente de alcohol, e a súa derivación a este servizo de Prevención. A estigmatización social á que se someten as mulleres consumidoras abusivas de alcohol dificulta e encubre situacións de maltrato.

Para solventar calquera dúbida sobre o tratamento e prevención das drogodependencias estamos á vosa disposición:

PROGRAMA DE PREVENCIÓN DAS DROGODEPENDENCIAS E CONDUTAS ADITIVAS

https://www.sergas.es/gal/Publicaciones/Docs/Drogodependencias/PDF3-35.pdf

DEDEPARTAMENTO DE BENESTAR SOCIAL, FAMILIA E MULLER DO CONCELLO DE VILALBA

Praza da Contitución N1 , planta baixa.

27800. Vilalba

O Concello de Vilalba quere mellorar a atención que reciben as persoas maiores empadroadas no municipio, un colectivo vulnerable e cada vez máis amplio polo proceso de envellecemento do conxunto da sociedade.

Desde hai uns días, o concello comezou a enviar unha carta ás seiscentas persoas de máis de 70 anos que viven soas en Vilalba, co obxectivo de facerlles un seguimento e explicarlles a onde poden dirixirse ante calquera necesidade.

Unha vez rematada esta primeira fase do novo programa de atención aos maiores, o concello remitirá tamén a mesma comunicación aos fogares nos que vivan dúas persoas de máis de 70 anos.

O goberno de Vilalba amplía a dotación de servizos destinados ás persoas que máis o precisan desenvolvendo dous novos servizos de asesoramento legal. O primeiro deles realizarase co fin de ofrecer información en materia de axudas ao alugueiro a persoas en situación de vulnerabilidade social e/ou económica derivada da pandemia da COVID-19. Neste senso, tamén se porá en marcha un servizo para asesorar a persoas inmigrantes nos trámites que precisen desenvolver.

O Concello de Vilalba tivo a oportunidade de solicitar este ano unha subvención para o asesoramento legal a persoas inmigrantes, debido a que “superamos o 5% da poboación inmigrante na nosa localidade, de xeito que poderemos contribuír a resolver calquera cuestión relativa á nacionalidade, trámites de residencia, permisos de traballo, etc.”, salientou Rouco. Diso se encargará un avogado que ofrecerá o servizo un día á semana no Concello ata finais de maio de 2021. “A integración e a convivencia entre culturas é un piar fundamental para o bo funcionamento dunha sociedade, tamén nos municipios como Vilalba, onde a poboación estranxeira vai en aumento e pode supoñer un freo positivo ao declive demográfico dos espazos rurais”.

Desde o primeiro momento desta difícil situación de emerxencia sanitaria, “situámonos ao carón das persoas que nos necesitan, dando cobertura económica a todas as familias que así o solicitaron, achegando alimentos e menciñas aos nosos maiores tanto no casco urbano como nas parroquias, e agora continuamos pensando naquelas familias e persoas máis vulnerables, para que ninguén quede atrás”.

COLECTIVOS

CONTACTO