Campaña comercio GRAZAS POR MERCAR EN VILALBA

O CONCELLO DE VILALBA IMPULSA UNHA NOVA INICIATIVA PROMOCIONAL DE APOIO AO COMERCIO LOCAL PARA INCENTIVAR O CONSUMO NO NADAL Repartirá 20.000 bolsas e 10.000 pegatinas nos establecementos e fai un chamamento á veciñanza para que realice as súas compras no municipio


 Vilalba, 17 de decembro de 2020. O Concello de Vilalba pon en marcha una nova iniciativa promocional de apoio ao comercio local, co obxectivo de incentivar o consumo no Nadal.
 
Nas próximas datas, o concello repartirá 20.000 bolsas e 10.000 pegatinas co lema ‘Grazas por mercar en Vilalba’, que os establecementos comerciais darán ás veciñas e veciños que fagan algunha compra.
 
“Facemos un chamamento á realización das compras no comercio local, ao ser un dos sectores que máis están a sufrir as consecuencias da crise sanitaria e económica provocada pola Covid-19, temos que coidar do noso, do máis próximo”, asegura a concelleira de Comercio de Vilalba, Marta Rouco.
 
Despois de meses moi complicados, o Nadal é unha campaña fundamental para reactivar o comercio e a economía local, polo é importante que a veciñanza tome conciencia de apoiar aos establecementos de Vilalba.
 
Esta iniciativa únese a ReActivaVilalba, que rematou o pasado día 8 e a través da cal o Concello de Vilalba puxo á disposición da veciñanza máis 420.000 euros para dinamizar o comercio con bonos de consumo de 30 euros.

17 de diciembre de 2020

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies