O Concello de Vilalba acometerá a curto prazo seis actuacións de humanización, abastecemento de auga e pavimentación de camiños no casco urbano e nas parroquias

–O investimento nas obras rondará os 520.000 euros

Vilalba, 25 de xullo de 2020. O Concello de Vilalba acometerá nas próximas datas seis actuacións no casco urbano e nas parroquias do municipio para mellorar a vida diaria dos veciños e veciñas.

As obras, cun investimento conxunto de 519.000 euros, irán a próxima semana á comisión de urbanismo e o pleno municipal, co obxectivo de que saian a licitación de forma inminente.

O concello fará dúas obras no casco urbano valoradas en 261.000 euros. Por un lado, a humanización da zona das Pedreiras (167.000 euros), e por outra parte unha actuación para o cambio de beirarrúas, abastecemento de auga e novo cableado na rúa Xosé María Chao Ledo (94.000 euros).

No rural de Vilaba, o concello rexenerará dúas pistas nas parroquias de Codesido e Árbol (89.000 euros); fará melloras en varios accesos nas parroquias de Codesido e Santaballa (30.000 euros); pavimentación do vial que une Goiriz coa N-120 (48.000 euros), e o aglomerado da pista que vai de Sancovade a Oleiros (94.000 euros).

Por culpa da pandemia de coronavirus tivemos que parar moitos proxectos en todo o municipio, pero a próxima semana levaremos ao pleno estas seis actuacións e pronto haberá novas obras para dar resposta ás demandas veciñais”, afirma.

Nas últimas semanas remataron tamén as obras de renovación do alumeado público en Buxibán e Cotoriña, con tecnoloxía LED para mellorar a calidade da luz e reducir a contaminación.

27 de Xullo de 2020

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies