O CONCELLO DE VILALBA COMEZA HOXE AS OBRAS DE REFORMA E AMPLIACIÓN DO PARQUE INFANTIL DA PRAZA DA CONSTITUCIÓN

Vilalba, 14 de setembro de 2020. O Concello de Vilalba informa á veciñanza de que hoxe comezarán as obras de renovación e ampliación do parque infantil ubicado na praza da Constitución.

Os traballos servirán para reformar o conxunto da área de xogos, que terá unha capacidade para 52 nenos e nenas de diferentes idades. O orzamento das obras supera os 42.000 euros e unha parte do investimento procederá da Xunta, correspondéndolle o resto ao concello.

Ademáis de novos xogos, se renovarán as escaleiras de acceso, o firme cun pavimento amortiguador e parte do vallado do parque, que terá todas as medidas de seguridade fixadas pola lexislación.

A zona terá bancos para o descanso e será un parque inclusivo, sen barreiras arquitectónicas e cunhas condicións inmellorables para o xogo e a interacción dos nenos e nenas.

Continuamos co plan de renovación dos servizos públicos e as infraestruturas do concello, neste caso cunha reforma integral deste parque infantil”, explica Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas no Concello de Vilalba.

15 de Setembro de 2020

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies