O CONCELLO DE VILALBA CREARÁ UN NOVO ESPAZO DE LECER BIOSAUDABLE E CON XOGOS INFANTÍS NA PRAZA DA CONSTITUCIÓN

O Concello de Vilalba ten previsto un orzamento de 48.380 euros para este proxecto, que terá un prazo de execución de dous meses. 

Vilalba, 18 de febreiro de 2021. O Concello de Vilalba anuncia as obras para a creación dun novo espazo de xogos infantís e biosaudables para humanizar os parterres existentes na parte oeste da praza da Constitución.
 
Esta actuación completará o parque infantil existente na praza, recentemente reformado polo goberno local. A intención do concello é a creación dun gran espazo de lecer na principal praza do municipio, con xogos infantís adaptados a todas as idades e aparatos adaptados ao coidado da saúde e da mobilidade das persoas adultas. 
 
Para a posta en marcha deste novo espazo de lecer, proponse o acondicionamento da explanada actual, colocando un pavimento amortiguador de seguridade e un novo céspede artificial. 
 
Doutra banda, conservaranse as árbores de maior importancia, resembrarase o céspede natural nas zonas de vexetación e plantarase un peche perimetral vexetal. 
 
Por último, o Concello ten previsto instalar xogos infantís orientados a distintas idades que estarán colocados de forma que se respecten as áreas de seguridade e espazo libre de cada un deles. Concretamente, instalaranse unha zona de escalada, unha pista multideporte e un samborí. Ademais, colocaranse aparatos biosaudables, cuxos modelos escollidos permiten mellorar a condición física. 
 
O Concello de Vilalba ten previsto un orzamento de 48.380 euros para este proxecto, que terá un prazo de execución de dous meses.  

18 de febrero de 2021

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies