O CONCELLO DE VILALBA INFORMA DO REMATE DAS OBRAS EN CASCAMAÑO, CODESIDO

XA SE REMATARON AS OBRAS PARA RENOVAR E PAVIMENTAR O VIAL DE ACCESO A CASCAMAÑO, NA PARROQUIA DE CODESIDO

Vilalba, 22 de decembro de 2020. O Concello de Vilalba informa do remate das obras para a renovación e pavimentación do vial de acceso ao núcleo de Cascamaño, na parroquia de Codesido.

Os traballos, cun orzamento de 21.000 euros, forman parte do plan integral de mantemento e renovación de viais e camiños nas parroquias de Vilalba, posto en marcha polo actual grupo de goberno no concello.

A actuación foi na estrada de acceso ao núcleo de Cascamaño, cun percorrido de 820 metros e un ancho de tres metros. A superficie anterior de rodadura estaba afirmada con zahorra e sen pavimentar, o que provocaba dificultade para circular, xa que ademais a vía é o único acceso rodado ás vivendas da zona.

“Con estas obras damos resposta ás demandas veciñais, que pedían unha maior seguridade viaria na parroquia e estaban case incomunicados desde hai case 20 anos”, explica Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas de Vilalba.

22 de diciembre de 2020

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies