A CONCELLERÍA DE CULTURA ORGANIZA UN OBRADOIRO DE DANZA GRATUÍTO EN TRES UBICACIÓNS DO CASCO URBANO

As Concelleiras Mónica González e Maria Xosé Fernandez e o Vicealcalde Modesto Renda presentaron hoxe unha nova proposta cultural para este domingo en Vilalba.

Trátase do obradoiro de danza «Alleo» e que correrá a cargo do «Colectivo Glovo». Unha actividade “aberta a todos os veciños/as e, por suposto, gratuíta” – din – que se distribuirá en funcións en tres ubicacións diferentes do noso centro urbano.

13:15h ➡️ FUNCIÓN PRAZA DE SANTA MARIA

14:15 ➡️ FUNCIÓN ALAMEDA

18:00h ➡️ FUNCIÓN CENTRO CULTURAL