Non paran as obras no rural vilalbés. O Vicealcalde Modesto Renda anunciou hoxe a renovación completa do vial que une os barrios de A Chá e Pasarelle, na parroquia de San Simón.
Un novo proxecto de mellora na rede viaria da zona rural que dá cumprida resposta ás demandas da súa veciñanza.
Fundamental por ser o acceso á potabilizadora da parroquia,o firme do vial foi totalmente rexenerado co recargo e a nivelación das capas base e á súa pavimentación mediante triple rega asfáltica.
Ademais os traballos incluíron tamén a mellora da drenaxe co fin de aumentar a vída útil do vial.