Luns 30 de Abril de 2026 – O Vicealcalde Modesto Renda anunciou hoxe a renovación completa do vial de acceso ó barrio da Fontebouza, na parroquia de Santaballa.
Esta nova obra de mellora da rede viaria rural tivo un custo de 28.366,03€ e dalle, ó fin, resposta ás demandas de anos da súa veciñanza.
Os traballos de rexeneración total do firme e de colocación das tubaxes de drenaxe prolongáronse por máis dunha semana, dado ó nivel de deterioro que presentaba a estrada, e Renda contrastou cos veciños/as e residentes o día a día da actuación.