O Vicealcalde Modesto Renda anunciou hoxe a renovación completa da estrada que comunica o barrio de Martiñan coa parroquia de Carballido.
Esta nova actuación, tivo un custe de 10.772€ e o Concello iniciou a rexeneración total do firme á altura da «Casilla», no cruce coa N-634.
Ademais, pavimentáronse tamén dous accesos a varias vivendas e parcelas agrícolas con zahorra compactada e colocáronse tubos de drenaxe para dar solución aos problemas que viñan sufrindo os residentes.
Renda, que coma sempre contrastou cos seus veciños/as o día día da actuación, explicou que a esta obra sumaránselle outras máis nos vindeiros meses en beneficio das parroquias da contorna.