ECOEFICIENCIA NA XESTIÓN DE RESIDUOS

LIÑA 1 DE ACTUACIÓN

O Concello de Vilalba foi beneficiario das axudas da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático relativas á financiación de actuacións dirixidas a incrementar a ecoeficiencia na xestión dos residuos de competencia municipal (procemento MT975X), concretamente para a liña 7 cunha contía de 15.000 €, sendo a actuación subvencionada a execución de traballos de consultoría integral para dotar á entidade dun borrador de memoria técnico-económica que soporte a aprobación dunha taxa de residuos que contemple a aplicación do pagamento por xeración, ben sexa a partir de variables directas, ben de variables indirectas, relacionadas coa produción de residuos de cada tipo de contribuínte. Así mesmo, os traballos a desenvolver integrarían tamén a redacción do correspondente borrador do regulamento da produción e xestión de residuos de competencia local. Estes traballos foron adxudicados a empresa NOVOTEC CONSULTORES, S.A..

En conclusión, a finalidade última do proxecto que se plantexa nesta proposta é apoiar ao Concello de Vilalba no plantexamento dun modelo optimizado de xestión de residuos municipais, a consolidar a través da redacción dos documentos relativos ás ordenanzas correspondentes.

Os traballos incluidos na presente axuda focalízanse na consecución dos seguientes puntos:

  • Ordenanza reguladora da produción e xestión.
  • Ordenanza fiscal da produción e xestión.

 

A finalidade é poder chegar a identificar e catalogar a todos os contribuintes segundo a súa tarifa asignada. De non ser posible completar esta tarefa, chegarase ata unha fase previa de cálculo xeral da taxa para os distintos epígrafes por tipo de contribuinte segundo as categorías que finalmente se acorden.

Confeccionouse o correspondente memoria técnico-económica que xustifica e da soporte a ordenanza fiscal resultante. Conta coas xustificacións necesarias para dotala da robustez e suficiencia axeitadas, converxendo ao equilibrio económico do sistema.

Ambos borradores, da ordenanza fiscal e reguladora, serán consensuados cos servizos municipais, ao obxecto de evitar revisións e modificacións posteriores, na medida do posible.

LIÑA 7 DE ACTUACIÓN

O Concello de Vilalba foi beneficiario das axudas da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático relativas á financiación de actuacións dirixidas a incrementar a ecoeficiencia na xestión dos residuos de competencia municipal (procemento MT975X), concretamente para a liña 1 cunha contía de 30.000 €, sendo a actuación subvencionada o suministro de materiais para a recollida selectiva de biorresiduos e prestación dos servizos de sensibilización asociados. Estes traballos foron adxudicados a empresa COMPOSNATUR, S.L.. por un importe de 19.280,45 €.

Os traballos incluidos na presente axuda foron os seguintes:

1.- Suministro de material

  • Caldeiros domésticos de biorresiduos (500 unidades)
  • Bolsas compostables de uso doméstico (500 packs)
  • Contedores para biorresiduos procedentes de grandes xeradores (45 unidades)
  • Bolsas e revestimentos compostables para biorresiduos procedentes de grandes xeradores (45 paquetes)

 

2.- Accións de sensibilización en centros educativos

Realizaronse 5 accións formativas en colexios e institutos do concello, adaptadas aos distintos niveis educativos e impartidas por persoal técnico especializado en educación ambiental. As accións apoiáronse no material didáctico da campaña, co fin de aumentar a sensibilidade do alumnado e de que a difusión da campaña chegue tamén aos fogares nos centros :

  • CEIP ÍNSUA BERMUDEZ
  • CEIP MATO VIZOSO
  • CEIP MONSEIVANE DE LANZÓS
  • CEIP TERRA CHÁ DE ROMÁN

 

3.- Carpas informativas

Instalaronse 3 carpas informativas, con 2 profesionais con experiencia en campañas deste tipo en cada unha. Fixémolo en datas de moita afluencia, como os días de mercado do concello.

4.- Puntos informativos a pé de contedores (30)

Realizaronse 30 puntos informativos a pé dos contedores, atendidos por persoal con experiencia no sector. O obxectivo era achegar a información á veciñanza máis próxima aos contedores e fomentar o uso correcto do sistema.

4.5 Acompañamento e control dos grandes xeradores

Nos propios establecementos dos grandes xeradores identificados demos información inicial, a cargo de persoal cualificado, no momento de entregarlles o material. Despois fixemos dúas visitas presenciais programadas a cada gran xerador e aos seus contedores, complementadas con seguimento telefónico, para resolver dúbidas e controlar que usan ben o sistema.

 

4.6. Guías informativos e material divulgativo

Realizouse o deseño e impresión de 2.000 trípticos informativos en formato A4 e dobrado en 2. Estas trípticos son obxecto da recollida separada e de como empregar correctamente os colectores. Foron distribuídos entre a poboación e os grandes xeradores nas actuacións realizadas.

Tamén se realizou o deseño e impresión de 2.000 guías como material divulgativo de apoio, específico para as acción nos centros educativos.