Cultura

QUE FACEMOS

Vilalba mantén durante todo o ano unha ampla programación cultural que engloba todo tipo de actos, nuns casos programados directamente polo Concello e noutros en colaboración coas entidades culturais.

No Departamento de Cultura encontrarás toda a información que necesitas sobre as infraestruturas e a programación cultural que Vilalba pon a túa disposición para que deseñes como queiras o teu tempo de ocio: teatro, danza, cine, música, festas, exposicións, talleres, conferencias…

Por outra banda, o Concello convoca con carácter anual unha liña de subvencións coa que apoiar as iniciativas das asociacións veciñais e culturais do territorio. O Concello valora especialmente a normalización da lingua, a difusión de todas as manifestacións da cultura do país e o feito de que as propostas fomenten unha igualdade real entre homes e mulleres.

Xestións que leva a cabo:

  • Programación cultural (concertos, teatro, danza,…) no Auditorio Municipal.
  • Informar sobre as actividades que se realizan nas distintas instalacións culturais
  • Coordinar as salas de exposicións da casa da cultura e do auditorio.
  • Xestión e coordinación do salón de actos da Casa da cultura e auditorio.
  • Tramitar as distintas solicitudes das instalacións culturais.
  • Informa e distribúe publicacións municipais relativas ós seus programas culturais.
  • Xestión e coordinación da escola municipal de teatro de Vilalba.
  • Involucrar aos veciños na programación da actividade cultural para lograr un maior nivel de implicación, compromiso e responsabilidade.

 

CERTAMES E CONCURSOS

  • Certame literario (San Ramón): Certame de poesía en galego, celébrase cada 30 de agosto. Está dotado dun premio de 7.000 euros e flor natural para o mellor poema inédito escrito en lingua galega.

Enlace coa web certame literario: http://www.certamedevilalba.org/

  • Certame Microrrelatos Día do Libro, en colaboración con Culturalia GZ

Última convocatoria: https://vilalba.org/bases-certame-microrrelatos-dia-do-libro-2020/

  • Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade, en colaboración co Instituto de Estudos Chairegos.

Última convocatoria: https://vilalba.org/bases-iv-premio-agustin-fernandez-paz-de-narrativa-infantil-e-xuvenil-pola-igualdade/

  • Concurso de diseño do cartel das Festas de San Ramón e Santa María

CONTACTO

Animadora Sociocultural
Horario de atención ao público de 09:00 a 14:00h
De luns a venres.
Tlf: 982 510 761
cultura@vilalba.es

Enderezo:
Concello de Vilalba
Concellería de Cultura
Praza da Constitución, 1
2780 VILALBA (Lugo)

Concelleira: vanesa.siso@vilalba.es