AVISO URXENTE: O CONCELLO DE VILALBA TRASLADA O DESFILE DE ENTROIDO AOS GALPÓNS DO CAMPO DA FEIRA 

O Concello de Vilalba informa que, debido as adversas condicións meteorolóxicas, o desfile de Entroido desta tarde se traslada aos galpóns do Campo da Feira.  

Haberá unha zona habilitada para espectadores. 

O desfile comeza ás 17.00 horas, pero entre as 16:00 e 16:30 horas os participantes deberán inscribirse e cumprimentar a autorización de dereitos de imaxe para entregala no punto habilitado.  

Nese momento tamén se lles informará sobre os cambios.  

Para resolver as dúbidas o Concello de Vilalba habilita o teléfono 982 510761 e o correo cultura@vilalba.es (Departamento de Cultura).  

Pódense descargar as bases e a folla de cesión de dereitos de imaxe: