O CONCELLO ARRANXA AS DEFICIENCIAS DA CUBERTA DO PAVILLÓN QUE PROVOCABAN AS GOTEIRAS, UNHA VEZ QUE O PERMITIRON AS CONDICIÓNS METEOROLÓXICAS

O Concello de Vilalba procedeu na xornada de hoxe ao arranxo das deficiencias na cuberta do pavillón municipal que provocaban as goteiras, unha vez que as condicións meteorolóxicas permitiron á empresa encargada realizar os traballos.

No momento no que se detectaron as goteiras, o concello pediu a unha compañía especializada un estado de danos e solucións para o seu arranxo, advertindo a propia empresa que non podería realizar os traballos ata que se producira unha mellora das condicións meteorolóxicas, situación que se deu no día de hoxe.

Esta fin de semana as goteiras provocaron a suspensión do partido entre o Vilalba Fútbol Sala e o Unión Arroyo. O concello lamenta o acontecido, pero a empresa non puido realizar o arranxo con anterioridade polo mal tempo.

Os fortes temporais destas últimas semanas desprazaron algúns paneis da estrutura da cuberta, o que provocou a entrada de auga no interior do pavillón. Por este motivo, o concello púxose en contacto coa empresa encargada das tarefas, que esta mañá puido realizalas pola previsión de tempo seco durante a xornada do luns.