O CONCELLO DE VILALBA ANUNCIA OS MICRORRELATOS PREMIADOS NO CERTAME ORGANIZADO XUNTO A CULTURALIA GZ

O Concello de Vilalba anuncia os/as gañadores/as da quinta edición do Concurso de Microrrelatos, un certame organizado en colaboración con Culturalia Gz co obxectivo de conmemorar o Día do Libro 2023 e, asemade., fomentar na poboación o achegamento á lectura literaria.

Así, en categoría infantil, o gañador é Duarte Mariño Torrado co seu texto “Historias da semente”. O segundo premio é para Paula Pérez Cendán, por “Unha noite no Cemiterio” e o terceiro para Arwen Fernández García, por “O libro”.

En categoría xuvenil, Berta Comesaña Alonso logrou o primeiro premio coa obra “Cifras”. A segunda praza é para Noa Domínguez Moreda, por “Memorábel”, mentres que o terceiro premio recíbeo Óscar Linares González, por “O neno e a cidade”.

Na categoría de adultos, o mellor microrrelato foi “A Vaca” de Raquel Fernández Fernández. A segunda praza é para Isabel Vázquez Rodríguez, por “Paralelas Diverxentes”, mentres que a terceira posición é para Enrique Manuel Neira, por “Naufraxio dobre”.

Os tres mellores microrrelatos nas tres categorías mencionadas recibirán os premios recollidos nas bases que, no caso dos adultos, son, respectivamente, de 300, 200 e 100 euros. Así mesmo, os galardoados na categoría infantil e xuvenil recibirán libros e material escolar.

Dende a organización do certame agradécese a participación no concurso nas distintas categorías.