A edil de Comercio Maria Xose Fernandez e o Vicealcalde Modesto Renda presentaron xunto á responsable da sección de comercio da Asoc. de Empresarios de Vilalba María Carballeira un convenio de colaboración por valor de 8.000€.
Unha axuda municipal que duplica á do ano 2024 e que constitúe xa o máis elevado aporte do Concello ao comercio vilalbés ata a fecha.
Este acordo posibilitará o financiamento de campañas de dinamización ao longo de todo este ano e enmárcase na total aposta do Concello polo comercio como «eixo vertebrador fundamental da economía local».
Así o explicou a concelleira responsable deste acordo María Xosé Fernández, que puxo en valor o «imprescindible da colaboración entre o Concello e o asociacionismo empresarial».
Unha visión, esta, compartida polo Vicealcalde Modesto Renda quen contextualizou esta «axuda municipal sen precedentes» como o apoio que «sen dúbidas merecía o comercio vilalbés»