O CONCELLO DE VILALBA INFORMA DO REMATE DA HUMANIZACIÓN INTEGRAL DA TRAVESÍA DOS CASTROS, CON MÁIS PROTAGONISMO PEONIL E NOVOS ESPAZOS PÚBLICOS

O Concello de Vilalba informa aos seus veciños e veciñas do remate das obras de humanización da Travesía dos Castros, un proxecto que lle da prioridade aos peóns sobre os vehículos, gañando espazo público para a cidadanía e mellorando a imaxe da zona.

A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, e o concelleiro de Infraestruturas, Luis Fernández, visitaron hoxe o resultado da actuación na travesía, dende o seu cruce coa rúa do Calvario ata o cruce coa avenida da Terra Chá.

A actuación para mellorar o entorno incluiu a renovación do alumeado público con tecnoloxía LED, a instalación de mobiliario urbano e un incremento das zonas arboladas e verdes, antes inexistentes.

Para priorizar o espazo da travesía para os peóns, o concello transformou a actual calzada nun espazo de plataforma única, cun ancho de paso para os vehículos de 3,30 metros.

O sentido da circulación mantense dirección Avenida da Terra Cha hacia Rúa Calvario. O orzamento do proxecto foi de 142.000 euros e conlevou tamén a posta en marcha dunha nova rede de saneamento na Travesía dos Castros.

“Un dos nosos obxectivos desde o comezo do mandato é recuperar os espazos públicos para o disfrute veciñal, con actuacións de humanización deste tipo para que sexan os peóns os protagonistas e teñamos un entorno máis habitable”, explica Elba Veleiro.

Todos os materiais da actuación son novedosos, cunha calzada en plataforma única con capa de rodadura de cor, zonas coreadas con pintura epoxi para exteriores, un espazo público con solera de formigón armado con acabado de formigón lavado desactivado de grano fino color verde, e xardineiras de formigón con taboleiros de madeira de pino.

Na travesía destaca o mural de Lula Goce, unha das mellores artistas de arte urbano do mundo. Na obra pódese ver a unha muller observando tras a cortina e unha pelexa de galos, que segundo a creadora, á que o concello lle deu liberdade absoluta, representa o que ocorre no mundo actual. Tamén é un guiño á Feira do Capón.