O CONCELLO DE VILALBA ORGANIZA A XIII CARREIRA DAS LETRAS GALEGAS O PRÓXIMO 19 DE MAIO DIRIXIDA AO ALUMNADO DOS CENTROS EDUCATIVOS

O Concello de Vilalba organiza un ano máis a Carreira das Letras Galegas que se celebrará o venres 19 de maio e está dirixida ao alumnado dos centros educativos.

Esta décimo terceira edición se disputará, como é habitual, na pista de atletismo do estadio da Madalena a partir das 11:00 horas.

A cita cumpre cos obxectivos do grupo de goberno de Vilalba que busca, a través do deporte, fomentar os hábitos de vida saudables entre os máis novos, traballar en valores como a solidariedade e promover a convivencia, ademais de conmemorar unha data tan significativa para a lingua galega.

A inscrición, aberta ata o 20 de abril, é de balde para todas as categorías e formalizarase exclusivamente no centro educativo co profesorado de Educación Física.

As categorías serán mixtas e a saída será simultánea, sen distinguir caixóns, e con carácter participativo.

O alumnado distribuirase en función do ano de nacemento: chupete, 2019-2018; pitufos, 2017; prebenxamíns, 2016-2015; benxamín, 2014-2013; alevín, 2012-2011; infantil, 20010-2009; e cadete, 2008-2007. Con distancias que van dos 60 metros aos 1.400.

Pódense consultar as bases reguladoras e o mapa do estadio nos documentos adxuntos.