O CONCELLO DE VILALBA PRESENTA O PRÓXIMO DOMINGO, DÍA 27, A FEIRA DO CAPÓN 2022

O Concello de Vilalba e a Asociación de Criadores presentan este domingo día 27, ás 12.15 horas, a Feira do Capón 2022 no Parador da vila.

A tradicional Feira do Capón de Vilalba regresou o ano pasado tralo parón obrigado de 2020 pola pandemia, pero será o próximo mércores 21 de decembro cando se celebre xa sen ningún tipo de restrición.

No acto de presentación da Feira darase a coñecer o programa de actos deste día e proxectarase un breve documental gravado pola TIC (Fundación para o Desenvolvemento das Tecnoloxías da Información e a Comunicación da Deputación de Lugo).

(Foto: A imaxe corresponde á Feira do Capón de Vilalba do 2021)