O primeiro exame do proceso selectivo para unha praza de funcionario administrativo no Concello de Vilalba será o 7 de novembro

O Concello de Vilalba informa da data do primeiro exame correspondente ao proceso selectivo dun posto/praza de funcionario de carreira ‘Administrativo de Administración Xeral’ de conformidade ao acordado polo tribunal do proceso.

O exame terá lugar o 7 de novembro ás 13:30 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Villalba.