MANTEMENTO E MELLORA DE VÍAS MUNICIPAIS DE ACCESO A PARCELAS AGRÍCOLAS EN ALBA, BELESAR, RIOAVESO E ROMÁN. PLAN DE MELLORA DE CAMIÑOS RURAIS 2024-2025.
O Concello de Vilalba recibiu un total de 110.368€ para o “Mantemento e mellora de vías municipais de acceso a parcelas agrícolas en Alba, Belesar, Rioaveso e Román”, a través da Orde do 28 de febreiro de 2024 para a concesión das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia, en réxime de concorrencia non competitiva.
DESCRICIÓN DO PROXECTO E AS ACTUACIÓNS REALIZADAS
O Concello de Vilalba, a través do Plan de Mellora de Camiños Rurais 2024-2025, levou a cabo o mantemento e mellora de varias vías de titularidade municipal mediante a limpeza de noiros, rexeneración da capa de rodadura e colocación de sinais verticais nas parroquias de Alba, Belesar, Rioaveso e Román, no termo municipal de Vilalba (Lugo).
En primeiro lugar, actuouse sobre o acceso ó barrio da Bardela, na parroquia de Román. Esta rexeneración completa era unha das actuacións máis solicitadas por parte dos veciños/as da parroquia e o custo total que tivo a obra foi de 17.270,07€.
En segundo lugar, actuouse sobre o da estrada que lle dá acceso ao barrio de Cartemil. O vial, que comunica as parroquias de Rioaveso e Román, foi totalmente renovado dende o seu inicio na LU-120 en dirección norte, ata o seu remate na estrada de acceso á igrexa e ao CEIP Terra Chá e o custo total que tivo a actuación foi de 28.500€.
Por último actuouse sobre o vial que une as parroquias Alba e Belesar, por valor de 85.000€. Outra moi agardada obra, que deixou completamente renovados os 5 km que comunican a N-634 ao seu paso por Alba cos barrios de As Turbelas, O Curro, Cordal e Meire, dándolle así un acceso digno tanto ás decenas de vivendas ás que dá servizo, como ás parcelas e explotacións agrogandeiras da zona, ata rematar na igrexa e cemiterio de Belesar.
A actuación incluíu tamén a renovación completa dos máis 500m do ramal de acceso á escadra de Meire, en dirección Distriz, e a colocación de tubos de drenaxe, con fin de aumentar a vida útil do vial.