O Concello de Vilalba procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais da súa web sexan independentes dos dispositivos físicos e dos navegadores web empregados para tal fin, codificados con estándares técnicos de uso libre e gratuíto, e accesibles para navegadores adaptados a persoas con eivas ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.
O Concello de Vilalba ofrece os contidos dixitais dispoñibles para calquera dispositivo e navegador. En cumprimento cos principios de accesibilidade establecidos no RD 1112/2018, do 7 de setembro, os contidos están deseñados tendo en conta as necesidades das persoas usuarias, en especial as de maior idade e con capacidade diversa. A accesibilidade está presente de xeito integral e está suxeita a revisión.
Co fin de asegurar a suficiente accesibilidade das persoas con discapacidade ao contido do seu portal, a O Concello de Vilalba cumpre cos dous primeiros niveis de adecuación (AA):
- As páxinas especifican o tamaño dos textos de forma relativa, é dicir, permiten que os navegadores aumenten ou diminúan o tamaño dos textos segundo as preferencias do usuario e sen crear problemas de visualización. Pode controlar o tamaño dos textos no seu navegador da seguinte maneira:
- Google Chrome: «Ver» > «Zoom» ou empregando a combinación de teclas Ctrl «+» ou Ctrl «-«. Premendo Ctrl= restablece o texto ao tamaño orixinal.
- Firefox: «Ver» > «Tamaño do texto» ou empregando a combinación de teclas Ctrl «+» ou Ctrl «-«. Premendo Ctrl= restablece o texto ao tamaño orixinal.
- Explorer: «Ver» > «Tamaño de texto».
- Safari: “Visualización>Ampliar/Reducir
- Opera: «Ver» > «Escala» ou empregando as teclas +, – e *, segundo se queira aumentar, diminuír ou restablecer o tamaño do texto.
- As táboas de datos conteñen encabezamentos de fila e de columna. Ademais, elimináronse as táboas cuxa única finalidade é a de facilitar a maquetación. Seguindo as recomendacións de accesibilidade, esta maquetación conseguiuse mediante elementos de bloque e follas de estilo en fervenza (CSS).
- Todo documento debe poder lerse sen estas follas de estilo ou con aquelas que o usuario poida estar utilizando, en función das súas propias necesidades.
- As imaxes decorativas son totalmente prescindibles para unha comprensión do contido.
De existir algún impedimento para o axeitado cumprimento dos principios e técnicas de accesibilidade, suxeito á capacidade da entidade e tendo en conta o beneficio para a cidadanía, ofrécese un mecanismo de comunicación para informar de calquera eiva e solicitar contidos excluídos.
Queixas e suxestións
http://vilalba.gal/contacto/
Solicitude de información
info@vilalba.org
982 510 305