O Concello de Vilalba procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais da súa web sexan independentes dos dispositivos físicos e dos navegadores web empregados para tal fin, codificados con estándares técnicos de uso libre e gratuíto, e accesibles para navegadores adaptados a persoas con eivas ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.
O Concello de Vilalba ofrece os contidos dixitais dispoñibles para calquera dispositivo e navegador. En cumprimento cos principios de accesibilidade establecidos no RD 1112/2018, do 7 de setembro, os contidos están deseñados tendo en conta as necesidades das persoas usuarias, en especial as de maior idade e con capacidade diversa. A accesibilidade está presente de xeito integral e está suxeita a revisión.

Co fin de asegurar a suficiente accesibilidade das persoas con discapacidade ao contido do seu portal, a O Concello de Vilalba cumpre cos dous primeiros niveis de adecuación (AA):

De existir algún impedimento para o axeitado cumprimento dos principios e técnicas de accesibilidade, suxeito á capacidade da entidade e tendo en conta o beneficio para a cidadanía, ofrécese un mecanismo de comunicación para informar de calquera eiva e solicitar contidos excluídos.

Queixas e suxestións
 http://vilalba.gal/contacto/
Solicitude de información
 info@vilalba.org
 982 510 305