O CONCELLO RENOVA POR COMPLETO O VIAL QUE COMUNICA BELESAR CON CAZÁS

O Concello de Vilalba renova por completo o vial que une a parroquia de Belesar con Cazás. Así o confirmou o Vicealcalde e responsable de Infraestruturas Rurais Modesto Renda quen contrastou coa veciñanza o resultado dunha actuación que tivo un custe de 10.943,24€.

Concretamente, o Concello actuou sobre toda vía ata o límite con Xermade, co recargo e a nivelación das capas base e á súa pavimentación mediante dobre rega asfáltica en toda a superficie.

Ademais a obra incluíu a limpeza de cunetas co fin de aumentar a vída útil do vial.

Un novo proxecto de mellora na rede viaria do rural vilalbés que deixa completamente renovado un dos viais en peor estado do termo municipal.

“Esta obra era un compromiso adquirido coa veciñanza de Belesar,pois fixouse como prioridade na última reunión celebrada na parroquia” declarou Modesto Renda.