https://www.vilalba.gal/ proporciona o acceso a multitude de informacións, servizos, programas ou datos (en diante, “os contidos”) na internet pertencentes o Concello de Vilalba aos que o USUARIO poida ter acceso. O USUARIO asume a responsabilidade do uso do portal. Dita responsabilidade esténdese ao rexistro que fose necesario para acceder a determinados servizos ou contidos. No devandito rexistro, o USUARIO será responsable de achegar información veraz e lícita. Como consecuencia deste rexistro, ao USUARIO pódeselle proporcionar un contrasinal da que será responsable, comprometéndose a facer un uso diligente e confidencial da mesma.

O USUARIO comprométese a facer un uso adecuado dos contidos e servizos que o Concello de Vilalba ofrece a través do seu portal e con carácter enunciativo pero non limitativo, a non empregalos para (i) incorrer en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe e á orde pública; (ii) difundir contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, pornográfico-ilegal, de apología do terrorismo ou atentatorio contra os dereitos humanos; (iii) provocar danos nos sistemas físicos e lóxicos da Deputación de Lugo, dos seus provedores ou de terceiras persoas, introducir ou difundir na rede virus informáticos ou calquera outros sistemas físicos ou lóxicos que sexan susceptibles de provocar os danos anteriormente mencionados; (iv) tentar acceder e, no seu caso, utilizar as contas de correo electrónico doutros usuarios e modificar ou manipular as súas mensaxes.

O Concello de Vilalba resérvase o dereito de retirar todos aqueles comentarios e achegas que vulneren o respecto á dignidade da persoa, que sexan discriminatorios, xenófobos, racistas, pornográficos, que atenten contra a mocidade ou a infancia, a orde ou a seguridade pública ou que, ao seu xuízo, non resultasen adecuados para a súa publicación.

En calquera caso, o Concello de Vilalba non será responsable das opinións vertidas polos usuarios a través dos foros, chats, ou outras ferramentas de participación.