Dirección Área Deportes

ACTUALIDADE

21
Mai
2024
O CONCELLO RECIBE ÁS XOGADORAS DO VILALBA FS PARA FELICITALAS POLO SEU HISTÓRICO ASCENSO A SEGUNDA DIVISIÓN
O acto contou coa intervención da alcaldesa, Marta Rouco e o presidente do Vilalba FS, Álvaro Fraga, para finalmente concluír coa saída das xogadoras ao...
15
Mai
2024
A ALCALDESA E A CONCELLEIRA DE DEPORTES RECIBEN A DIEGO VILLARES PARA FELICITALO POLO SEU ASCENSO A SEGUNDA DIVISIÓN
O xogador do RC Deportivo da Coruña achegouse ata a Casa do Concello de Vilalba para ser recibido pola rexedora vilalbesa, Marta Rouco, e a...
21
Mar
2024
O CONCELLO E O CLUB CICLISTA TERRA CHÁ PRESENTAN A OITAVA EDICIÓN DA RUTA BTT TERRA CHÁ DO QUEIXO SAN SIMÓN
O acto tamén contou coa presencia dos representantes doutras institucións colaboradoras como a Deputación de Lugo, o Concello de Xermade e o Concello de Muras...
6
Feb
2024
O CONCELLO DE VILALBA CONCLÚE A REPARACIÓN DO CÉSPEDE NO ESTADIO MUNICIPAL DA MADALENA
O goberno local anunciou ademais novos investimentos no campo do Racing Club Vilalbés que suporán melloras na taquilla, a creación dunha sala de prensa e...
11
Xan
2024
O CONCELLO DE VILALBA ABRE O SEGUNDO PRAZO DE INSCRICIÓN NAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS
10 modalidades diferentes contan con prazas vacantes e a matrícula poderá formalizarse ata o vindeiro 19 de xaneiro A concelleira de deportes, Paula Vigo, anuncia...
16
Dec
2023
O CONCELLO DE VILALBA CELEBRA O DOMINGO 31 DE DECEMBRO A VIII CARREIRA SAN SILVESTRE VILALBESA
O Concello de Vilalba celebra o domingo 31 de decembro a tradicional proba deportiva. A partir das 16:30 horas na praza da Constitución “A mellor...

QUE FACEMOS

A Concellería de Deportes e o seu Servizo Municipal encárganse de garantir o correcto funcionamiento das instalacións deportivas municipais, e de ofrecer servizos e actividades que contribúan a promover a práctica do deporte y da actividade física no muncipio, a través de distintas modalidades de xestión.

O Concello de Vilalba caracterízase por dar unha grande importancia ao fomento da práctica deportiva e a actividade física entre a súa poboación. Mostra disto é que a través da Concellería – Servizo Municipal de Deportes, a vila foi galardoada cos seguintes premios nos últimos anos:

  • 2012: Premios Deporte Galego. Mellor Concello 2012 na promoción da actividade física e o deporte.
  • 2015: Premios Consejo Superior de Deportes. Candidato a Mellor Concello de España.
  • 2016: Premios Galicia á Xestión Deportiva. Mellor Concello de menos de 15.000 habitantes.

SERVIZOS E PROGRAMAS

  • Informamos aos cidadáns dos servizos que prestamos e as instalacións deportivas dispoñibles
  • Xestionamos as Escolas Deportivas Municipais, as Actividades de Verán e tramitamos as súas inscricións
  • Xestionamos a ocupación das instalacións deportivas, horarios de adestramento, competicións e alugueres
  • Levamos a cabo o mantemento das instalacións deportivas municipais
  • Organizamos competicións e eventos deportivos propios
  • Colaboramos con outras administracións, federacións, asociacións e con clubes deportivos, na celebración de eventos e competicións
  • Tramitamos as autorizacións para a realización de actividades deportivas fóra das instalacións deportivas e no patrimonio público municipal
  • Tramitamos subvencións a entidades deportivas
  • Tramitamos subvencións a deportistas senlleiros
  • Axudamos a creación de asociacións deportivas
  • Tramitamos a pernocta en instalacións deportivas municipais
  • Xestionamos contratos de servizos e subministracións
  • Realizamos o seguimiento e control dos contratos das xestións indirectas
  • Colaboramos nas prácticas de formación de ensinanza da rama de actividades deporttivas

CONTACTO

Concelleira

Paula Vigo Lamas

Email: paula.vigo@vilalba.es

 

Piscina Municipal

Deportes

Servizo de deportes:

Teléfono: 982 510 761

Email: deportes@vilalba.es

Técnico de Deportes

Alexandre González

Email: alexandre.gonzalez@vilalba.es