Medio Ambiente e Espazos Naturais e Infraestructuras Urbanas

ACTUALIDADE

20
Set
2023
A ALCALDESA DE VILALBA INFORMA DO PRÓXIMO REMATE DAS OBRAS DE MELLORA DA DEPURADORA TRAS UN INVESTIMENTO DE 1,5 MILLÓNS DE EUROS
Elba Veleiro, alcaldesa de Vilalba, e José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica, visitaron...
13
Xul
2023
O CONCELLO LEMBRA AOS PROPIETARIOS DE SOLARES E PARCELAS QUE DISPOÑEN DUN MES PARA REALIZAR A SÚA LIMPEZA
O Concello de Vilalba lembra aos propietarios de solares, parcelas e leiras que dispoñen dun mes, desde hoxe, para proceder á súa limpeza por seguridade...
27
Xuñ
2023
O Concello de Vilalba informa do comezo das tarefas de desbroce na rede de vías de titularidade municipal
O Concello de Vilalba informa do comezo das tarefas de desbroce nas vías de titularidade municipal. Os operarios traballarán xa esta semana na parroquia de...
28
Feb
2023
VILALBA RECIBE SETE MILLÓNS EN INVESTIMENTOS DO GOBERNO GRAZAS AOS PROXECTOS E AS XESTIÓNS REALIZADAS POLO CONCELLO
O delegado do goberno en Galicia, José Miñones, destacou hoxe en Vilalba os 7 millóns de euros en investimentos do Goberno que recibirá a vila...
1
Dec
2022
O CONCELLO DE VILALBA RENOVA O VIAL PRINCIPAL DA PARROQUIA DE NETE PARA MELLORAR O TRÁFICO E A SEGURIDADE
O Concello de Vilalba renova estes días un vial de titularidade municipal que da acceso a vivendas e parcelas agrícolas na parroquia de Nete, mediante...
7
Xuñ
2022
O CONCELLO DE VILALBA ASINA A ACTA DE REPLANTEO PARA COMEZAR AS OBRAS DO NOVO PARQUE ACUÁTICO DE VILALBA
O Concello de Vilalba asinou coa empresa adxudicataria e os arquitectos do proxecto a acta de replanteo previa ás obras de construción do novo parque...

QUE FACEMOS

Vivimos nun municipio no que boa parte dos seus 379,4 quilómetros cadrados correspóndense con zona rural. De feito, o Concello de Vilalba ten 29 parroquias, o que dá unha idea da importancia cuantitativa do rural de Vilalba.

Propoñemos medidas dirixidas non só a paliar estas carencias, senón tamén co obxectivo de colocar ao rural en primeira liña, de forma que se converta nunha zona habitable, confortable e, a maiores, nun xacemento de emprego grazas ao turismo.

  • Propoñemos unha ruta para coñecer os nosos vestixios e restos prehistóricos
  • Potenciamos ao emprendemento e o cultivo de produtos frescos e ecolóxicos promovendo a súa venda nos mercados locais e introducindo este tipo de alimentación nos menús
  • Sen dúbida, un dos nosos maiores logros foi conseguir unha bonificación de ata o 95 % para as explotacións agrarias. A concienciación social sobre a importancia dos montes e a súa ordenación, a loita contra o minifundismo forestal
  • Regulamento dos usos forestais para facer rendible o monte e frear o abandono rural.
  • Contamos cun monte activo que contén os elementos necesarios para dar estrutura ao territorio e ao capital humano do noso rural.
  • Polo tanto existe monte vivo e con futuro na nosa zona.

En definitiva o noso rural ten futuro. Apostar polo noso rural non é unha opción, é unha obriga. O contrario supón negar o noso pasado e pechar as opcións das xeracións futuras.

Oficina Agraria Virtual (OAV)

A oficina agraria virtual é un portelo de atención ao público en Internet. Neste punto atópanse servizos orientados aos cidadáns tanto para consulta de datos de carácter persoal, como para a realización de trámites administrativos.

Para acceder aos servizos da OAV é necesario introducir o NIF/CIF xunto co contrasinal (PIN) facilitada pola Consellería de Medio Rural.

En caso de perda do contrasinal (PIN), pode solicitar a renovación nas Oficinas Agrarias Comarcais.

No caso de querer comunicar unha nova dirección de correo electrónico ou número de teléfono móbil á Consellería de Medio Rural, poderase realizar a través da OAV accedendo á páxina Cambio de datos persoais, chamando ao teléfono 012, ou ben persoalmente nunha Oficina Agraria Comarcal.

No caso de non ter nunca contrasinal (PIN), deberá solicitarse persoalmente nunha OAC (Oficina Agraria Comarcal). O persoal da OAC, despois de comprobar adecuadamente a súa identidade (mediante DNI ou documento similar) procederá ao rexistro dos seus datos.

Manual de usuario (31 Mb, versión en galego)

OUTRAS SECCIÓNS DA MESMA ÁREA DE GOBERNO

CONTACTO

Concelleiro

Luis Fernández Álvarez

Email: luis.fernandez@vilalba.es