Urbanismo, Mobilidade, Infraestructuras Rurais e Desenvolvemento Industrial

ACTUALIDADE

28
Nov
2023
APROBADOS OS PROXECTOS DE RENOVACIÓN E MELLORA DE 22 VIAIS MUNICIPAIS EN 14 PARROQUIAS DO RURAL VILALBÉS
O Pleno Municipal aprobou por unanimidade a proposta do Vicealcalde Modesto Renda, relativa á renovación e mellora de 22 viais de titularidade municipal en 14...
27
Nov
2023
O CONCELLO RENOVA E MELLORA O VIAL DE ACCESO AOS BARRIOS DE FABÁS E GRADUÍN NA PARROQUIA DE GOIRIZ
O Vicealcalde e responsable de Infraestruturas Rurais, Modesto Renda, informou hoxe do remate das obras de renovación e mellora do vial que lle da acceso...
17
Nov
2023
O Concello anuncia a rexeneración total do vial de acceso ao núcleo de Lobán en Samarugo e mellorará tamén os accesos a Cornide e Campomaior
O Pleno Municipal aprobou por unanimidade a proposta do Vicealcalde Modesto Renda, relativa á renovación e mellora do vial que lle da acceso ó núcleo de...
27
Out
2023
O CONCELLO SACA Á VENDA AS 6 PARCELAS QUE RECEPCIONOU PARA USO INDUSTRIAL NO PLAN DE ENTREPINARES E SIMPLIFICA OS TRÁMITES PARA FAVORECER A INSTALACIÓN DE EMPRESAS
O responsable de Desenvolvemento Industrial e Vicealcalde de Vilalba, Modesto Renda, anunciou hoxe a saída á venda das 6 parcelas de titularidade municipal, correspondentes ao...
24
Out
2023
O GOBERNO ANUNCIA EN ROMÁN A MELLORA DOS ACCESOS Á ABELAIRA E FIXA DE COMÚN ACORDO COS VECIÑOS/AS A MELLORA DO VIAL DA BARDELA COMO SEGUINTE PRIORIDADE
O Vicealcalde e responsable de Infraestruturas Rurais no Concello de Vilalba, Modesto Renda, anunciou onte en Román a mellora dos accesos á Abelaira e fixou...
18
Out
2023
O GOBERNO ANUNCIA EN CORVELLE A MELLORA E RENOVACIÓN DO VIAL DE ACCESO AO NÚCLEO DAS PEDRAS E DO QUE VAI DA IGREXA DA PARROQUIA A SAMARUGO
O Vicealcalde e responsable de Infraestruturas Rurais, Modesto Renda, anunciou en Corvelle a mellora e renovación do vial de acceso ao núcleo de Pedras, así...

QUE FACEMOS

URBANISMO

As competencias da área de Urbanismo son o planeamento, xestión, execución e disciplina urbanística; a protección e xestión do Patrimonio histórico; a promoción e xestión da vivenda de protección pública con criterios de sustentabilidade financeira e a conservación e rehabilitación da edificación. 

OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL URBANISMO

A Oficina Técnica de Urbanismo e Rehabilitación municipal está ao servizo dos cidadáns para resolver calquera tipo de dúbida relacionada co urbanismo, a execución de proxectos de edificación ou o ordenamento. É este departamento o encargado de informar acerca dos permisos para a execución de obras particulares en todo o termo municipal.

Xestións que leva a cabo
  • Asesora e informa ao público das actuación que contempla o Plan de Vivenda que esté vixente.
  • Tramita os expedientes e asesora no seguimento técnico de obras do Plan de Vivenda, sen suplir o oficio de dirección de obra.
  • Realiza as visitas técnicas que se estimen oportunas nas actuacións de rehabilitación con axudas autonómicas ou estatais, sen suplir o oficio de dirección e obra
  • Supervisa os orzamentos.
  • Colabora e coordina as accións e programas que desenvolve a Oficina cos departamentos municipais implicados.
  • Informa doutras actuacións subvencionables.
  • Asesoramento Técnico construtivo en aspectos que melloren as condicións de habitabilidade, funcionalidade e seguridade da vivenda.

MOBILIDADE

As competencias da área de mobilidade comprenden as seguintes funcións: A regulación do tráfico e do estacionamento de vehículos.

 

INFRAESTRUCTURAS RURAIS

O obxectivo desta área é garantir a extensión das redes de infraestruturas de servizos básicos a todos os núcleos e agrupacións de vivendas nas parroquias. O noso compromiso é que toda a cidadanía de Vilalba poida acceder aos mesmos servizos públicos con independencia do seu lugar concreto de residencia, cun reparto equitativo do investimento municipal.

 

DESENVOLVEMENTO INDUSTRIAL

As atribucións da área de Desenvolvemento Industrial son o planeamento, a xestión e, no seu caso, o incremento das marxes do chan de uso industrial no termo municipal.