O CONCELLO RENOVA POR COMPLETO O VIAL DE ACCESO AO BARRIO DOS CURRÁS, EN DISTRIZ

O Vicealcalde Modesto Renda anunciou hoxe a renovación do vial de acceso ó barrio dos Currás, na parroquia de Distriz.

Unha moi agardada actuación que ven a darlle cumprida resposta ás demandas do barrio, logo de que hai un ano se deixara renovada a estrada que comunica Distriz con Codesido.

Concretamente, o Concello actuou sobre toda vía co recargo e a nivelación das capas base e á súa pavimentación mediante dobre rega asfáltica.

Ademais a obra incluíu a limpeza de cunetas co fin de aumentar a vída útil do vial.