MODESTO RENDA ANUNCIA A RENOVACIÓN COMPLETA DA CUBERTA E OS ACCESOS DA CASA ESCOLA DE DISTRIZ

O Vicealcalde Modesto Renda presentou en Distriz a renovación total da cuberta e accesos á Escola da parroquia. Unha actuación, dende hai anos demandada pola asociación de veciños e para a cal o Concello destinou un total de 10.800 euros.

Tal e como explicou, “o obxectivo era pór fin ós problemas de filtracións e humidades e máis dotar a esta infraestructura duna accesos adaptados ás persoas dependentes”.

E é por isto, que mostrou a súa satisfación co resultado e agradeceu a colaboración e a confianza de cada un dos membros da asociación.