A edil de Comercio María Xosé Fernández e o Vicealcalde Modesto Renda venen de anunciar a convocatoria dunha nova edición do “Concurso de Escaparates de Nadal” co obxectivo de promover a actividade comercial e favorecer un ambiente propio destas festas na nosa vila.
Este concurso está #aberto a todos aqueles establecementos comerciais situados na vila e as parroquias que poderán inscribirse dende hoxe ata as 14:00 horas do día 12 de decembro, a través do correo electrónico: cultura@vilalba.es cubrindo a folla de inscrición que estará dispoñible na web do concello https://www.vilalba.gal/ e na oficina de Cultura. Nese mesmo correo, indicarán os datos do comercio e achegarán unha única fotografía do escaparate para subilo ás redes.
Os escaparates deberán permanecer decorados a diario dende o 5 de decembro ao 7 de xaneiro de 2025.
O tema para desenvolver neste concurso será alegórico ao ambiente propio das Festas do Nadal e sempre combinándoo cos produtos propios do establecemento.
Os criterios de #valoración para valorar cada escaparate serán a creatividade, a orixinalidade e a complexidade, a artesanía, o deseño e a calidade, o atractivo comercial e a decoración acorde ao produto de venda.
O xurado determinará os tres mellores escaparates, recibindo un premio de 600€ no caso do primeiro clasificado, de 400 euros no caso do segundo e de 200 euros para o terceiro.
Ademais, concederase un #premio de 100€ para o escaparate máis votado nas redes sociais, compatible co resto de premios.
Descarga aquí as bases e o anexo de dereitos de imaxe: