O CONCELLO RENOVARÁ TRES VIAIS NAS PARROQUIAS DE LANZÓS E SANCOVADE POR VALOR DE 57.000€

O Pleno Municipal aprobou por unanimidade as dúas propostas do Vicealcalde Modesto Renda relativas á renovación ao completo dos accesos a Bichicán, ó Carballal e ó Touriño ata o Sisto, na parroquia de Lanzós, así como á rexeneración, tamén por completo, do vial que une a Chafarica co lugar de Gardados, en Sancovade.

Outros 57.000 euros de inversión directa no rural vilalbés, que pretenden dar resposta ás demandas dos veciños/as das nosas parroquias.