O CONCELLO ABRE AS INSCRICIÓNS DA ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO QUE ESTE CURSO SERÁ TOTALMENTE GRATUÍTA

A Concelleira de Cultura Mónica González anunciou hoxe a posta en marcha dunha nova edición da Escola Municipal de Teatro, que dará comezo o xoves 5 de febreiro de 2026.

De maneira excepcional, neste curso 2026 a actividade desenvolverase de febreiro a xuño e terá carácter totalmente gratuíto, xa que en vindeiras edicións volverán aplicarse as taxas correspondentes.

Coa Escola Municipal de Teatro, o Concello de Vilalba busca fomentar a creatividade e a expresión das persoas participantes, ofrecendo unha alternativa de lecer cultural.

A Escola Municipal de Teatro está dirixida a diferentes grupos de idade e ofrece unha formación teatral adaptada a cada nivel.

Horarios das clases:

• Grupo Infantil: de 17:30 a 18:30 h- de 6-10 anos – nº de prazas 12

• Grupo Xuvenil: de 18:30 a 20:00 h- de 11-17 anos -nº de prazas 12

• Grupo Adultos: de 20:15 a 22:15 h- de 18 + anos -nº de prazas 20

Inscricións:

O prazo de inscrición estará aberto dende este momento ata o 3 de febreiro ás 14:00 horas, e poderá realizarse a través da sede electrónica do Concello de Vilalba (https://vilalba.sedelectronica.es/board) ou mediante rexistro presencial no Concello de Vilalba.

Existe un número limitado de prazas, polo que a admisión realizarase por riguroso orde de rexistro das solicitudes.

Condicións de realización:

A realización das clases quedará condicionada á existencia dun número mínimo de alumnado inscrito que garanta a viabilidade do grupo. No caso de non acadarse un mínimo de cinco (5) alumnos/as rexistrados/as, a actividade non se levará a cabo.

Folla para facer a solicitude: