Luns 20 de Abril de 2026 – O Vicealcalde Modesto Renda anunciou hoxe a renovación completa da estrada que une Codesido e Tardade por valor de 31.101,84€.
Esta nova obra deixa totalmente novos os dous quilómetros da estrada que comunica a igrexa de #Codesido con #Tardade ó seu paso polos barrios da Retorta, Trascastro, Cartín, A Corredoira e máis o Xurbal, ata a provincial LU-P-6513.