VILALBA REÚNE CENTOS DE VOCES NOVAS ARREDOR DA MÚSICA E DA LITERATURA GALEGA NA DÉCIMA EDICIÓN DE “NO BICO UN CANTAR”

A alcaldesa, Marta Rouco, destaca que “ver a vila chea de nenos e nenas, familias e música é unha das mellores imaxes do que queremos para Vilalba: unha vila viva e con actividades”

Vilalba converteuse hoxe nun gran escenario ao aire libre coa celebración da décima edición de No bico un cantar, unha iniciativa impulsada polo Consello da Cultura Galega que reuniu na vila chairega a máis de 400 nenos e nenas procedentes de conservatorios profesionais de toda Galicia e de centros de ensino musical convidados.

O concerto, celebrado na escalinata que conecta o Auditorio Municipal coa Praza de Santa María, estivo precedido por unha intensa xornada de convivencia, ensaios e actividade cultural que encheu desde primeira hora da mañá diferentes espazos do municipio.

Nesta edición, o encontro puxo o foco na Terra Chá e na súa contribución á cultura galega, cun repertorio construído arredor da música e da literatura vinculada aos autores e autoras que forman parte da identidade cultural da comarca.

La alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, participó en el evento y destacó el orgullo que siente el municipio por haber sido elegido como sede de esta décima edición.

“Hoy es uno de esos días en que una ciudad se transforma. Desde el principio, las calles, el auditorio y sus alrededores estaban llenos de niños, ensayos y música. Hay pocas imágenes más bellas para una ciudad que ver a cientos de personas reunidas en torno a la cultura”, dijo.

A rexedora puxo en valor o significado especial que esta edición tivo para Vilalba ao estar dedicada á Terra Chá e destacou que “que tantas voces novas canten aquí inspirándose na nosa terra, na nosa literatura e nos autores e autoras que forman parte da nosa identidade é algo que como vilalbeses e vilalbesas debemos valorar e desfrutar”.

Rouco subliñou tamén o impacto que este tipo de encontros teñen sobre a propia vila e o papel que desempeñan á hora de seguir consolidando a dinamización do municipio.

“Non todos os días temos a oportunidade de vivir en Vilalba un encontro destas características. Ver centos de voces novas enchendo a nosa vila de música e convertendo este espazo nun lugar de encontro, convivencia e cultura é algo que deixa pegada”, afirmou.

A alcaldesa quixo agradecer especialmente ao Consello da Cultura Galega a elección de Vilalba como sede desta edición, así como o traballo desenvolvido polas administracións implicadas, organización, profesorado, familias e persoas colaboradoras que fixeron posible o encontro.

Con esta cita, Vilalba continúa reforzando a súa presenza como sede de grandes eventos, consolidando unha programación que nas últimas semanas reuniu na vila participantes e visitantes chegados de distintos puntos de Galicia e do norte de Portugal.