O CONCELLO ABRE AS INSCRICIÓNS DA ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO PARA O CURSO 2026/27 CON GRUPOS PARA TODAS AS IDADES

A Concelleira de Cultura Mónica González anunciou hoxe a posta en marcha dunha nova edición da Escola Municipal de Teatro, que dará comezo o xoves 8 de outubro de 2026.

Coa Escola Municipal de Teatro, o Concello de Vilalba busca fomentar a creatividade e a expresión das persoas participantes, ofrecendo unha alternativa de lecer cultural.

A Escola Municipal de Teatro está dirixida a diferentes grupos de idade e ofrece unha formación teatral adaptada a cada nivel.

Os horarios das clases serán os xoves:

• Grupo Infantil: de 17:30 a 18:30 h- de 6-10 anos – nº de prazas 12- prezo 45€

• Grupo Xuvenil: de 18:30 a 20:00 h- de 11-17 anos -nº de prazas 12- prezo 67,50€

• Grupo Adultos: de 20:15 a 22:15 h- de 18 + anos -nº de prazas 20 – prezo 90€

* O prezo correspondente á tempada 2026/2027 (outubro-xuño). Pagamento único.

* A actividade NON SE REALIZARÁ nos grupos que non acaden un MÍNIMO DE 5 ALUMNOS/AS.

Inscricións:

O prazo de inscrición estará aberto dende o 25 de setembro ao 7 de outubro de 2026 e durante o curso, unha vez iniciado o mesmo sempre que existan prazas vacantes.

A inscrición poderá realizarse a través da sede electrónica do Concello de Vilalba (https://vilalba.sedelectronica.es/board) ou mediante rexistro presencial no Concello de Vilalba.

Existe un número limitado de prazas, polo que a admisión realizarase por rigoroso orde de rexistro das solicitudes.

Condicións de realización:

A realización das clases quedará condicionada á existencia dun número mínimo de alumnado inscrito que garanta a viabilidade do grupo. No caso de non acadarse un mínimo de cinco (5) alumnos/as rexistrados/as, a actividade non se levará a cabo.

Folla para facer a solicitude: