O Concello de Vilalba foi beneficiario das axudas da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático relativas á financiación de actuacións dirixidas a incrementar a ecoeficiencia na xestión dos residuos de competencia municipal (procemento MT975X), concretamente para a liña 7 cunha contía de 15.000 €, sendo a actuación subvencionada a execución de traballos de consultoría integral para dotar á entidade dun borrador de memoria técnico-económica que soporte a aprobación dunha taxa de residuos que contemple a aplicación do pagamento por xeración, ben sexa a partir de variables directas, ben de variables indirectas, relacionadas coa produción de residuos de cada tipo de contribuínte. Así mesmo, os traballos a desenvolver integrarían tamén a redacción do correspondente borrador do regulamento da produción e xestión de residuos de competencia local. Estes traballos foron adxudicados a empresa NOVOTEC CONSULTORES, S.A..
En conclusión, a finalidade última do proxecto que se plantexa nesta proposta é apoiar ao Concello de Vilalba no plantexamento dun modelo optimizado de xestión de residuos municipais, a consolidar a través da redacción dos documentos relativos ás ordenanzas correspondentes.
Os traballos incluidos na presente axuda focalízanse na consecución dos seguientes puntos:
A finalidade é poder chegar a identificar e catalogar a todos os contribuintes segundo a súa tarifa asignada. De non ser posible completar esta tarefa, chegarase ata unha fase previa de cálculo xeral da taxa para os distintos epígrafes por tipo de contribuinte segundo as categorías que finalmente se acorden.
Confeccionouse o correspondente memoria técnico-económica que xustifica e da soporte a ordenanza fiscal resultante. Conta coas xustificacións necesarias para dotala da robustez e suficiencia axeitadas, converxendo ao equilibrio económico do sistema.
Ambos borradores, da ordenanza fiscal e reguladora, serán consensuados cos servizos municipais, ao obxecto de evitar revisións e modificacións posteriores, na medida do posible.
