O certame desenvolverase do 11 de decembro ao 7 de xaneiro e conta cun total de 1.200 euros en premios distribuídos en tres categorías.
O prazo de inscrición remata o 11 de decembro ás 14:00 horas mediante o envío do Anexo I e dunha fotografía do escaparate a cultura@vilalba.es.
Vilalba, 25 de novembro de 2026 – A concelleira de Comercio, María Xosé Fernández, e o vicealcalde, Modesto Renda, anunciaron hoxe a convocatoria do VII Concurso de Escaparates Nadal 2026 – 2027, unha iniciativa promovida pola Concellaría de Comercio, Turismo e Promoción da Lingua co obxectivo de apoiar o tecido comercial vilalbés e fomentar o ambiente festivo nas rúas durante as datas do Nadal.
O concurso terá lugar entre o 11 de decembro e o 7 de xaneiro, período no que os establecementos participantes deberán exhibir a súa decoración navideña. Desde o goberno local convídase ao comercio de Vilalba a sumarse a esta proposta para contribuír a reforzar o atractivo comercial e festivo do municipio durante estas semanas.
As persoas ou empresas interesadas en inscribirse poderán presentar a súa solicitude ata o 11 de decembro ás 14:00 horas. Para formalizar a inscrición, deberán remitir o Anexo I cuberto —dispoñible na páxina web municipal www.vilalba.gal— xunto cunha fotografía do escaparate decorado ao enderezo electrónico cultura@vilalba.es.
A convocatoria establece tres galardóns económicos para os escaparates mellor valorados:
* Primeiro premio: 600 euros
* Segundo premio: 400 euros
* Terceiro premio: 200 euros
O acto de entrega de premios celebrarase o 9 de xaneiro de 2027, ás 14:00 horas, na Casa da Cultura. As bases completas da convocatoria e o anexo dos dereitos de imaxe podes descargalos a continuación: