O regulamento ten por obxecto establecer as normas de organización e funcionamento do servizo de Comedor Municipal da Escola de Educación Infantil do Concello de Vilalba.
O servizo de comedor é un servizo público básico, ademais de ser un servizo educativo, complementario, compensatorio e social que constitúe un instrumento imprescindible para contribuír á conciliación da vida laboral, familiar e persoal das familias.
O comedor escolar municipal está situado na planta baixa do Centro de Educación Infantil. Está equipado coas instalacións que determina a lexislación vixente e ten unha capacidade de 45 comensais.
Os menús estarán elaborados atendendo ás condicións dietéticas, sanitarias e hixiénicas esixidas para atender ás necesidades nutricionais dos usuarios/as do servizo.