III Feira de Artesanía

O Concello de Vilalba celebra o próximo 11 e 12 de maio a III Feira de Artesanía, na que representantes de varios oficios instalaranse na Praza da Constitución, onde realizarán demostracións do seu traballo (zoqueiros, torneiros, ferreiros, canteiros, liño, lá, coiro, xoias,papel reciclado, ……).

Estará amenizada por a Charanga de Vilalba e os grupos de música e danza tradicional de Vilalba.

O horario para visitar a Feira:

Sábado día 11 maio de 11:00 h. a 21:00h

Domingo día 12 de maio de 10:00h a 20:00h.

Na feira de artesanía participarán máis de 30 talleres que expoñerán os seus produtos de diferente índole.

Organiza : Concello de Vilalba.

Concelleria de Cultura, Feiras e Mercados e Asociacionismo Rural