III Gala do Deporte Municipal de Vilalba 2018

A Concellería de Deportes, organiza a III Gala do Deporte Municipal que se celebrará o SÁBADO 19 DE XANEIRO DE 2019, a partir das 20:00 horas, no auditorio municipal Carmen Estévez.
Esta Gala do Deporte consolídase coa idea de premiar a deportistas, técnicos, entidades deportivas e figuras importantes na labor de fomento/promoción do deporte e da actividade física na nosa localidade, durante a tempada 2017/2018.
O prazo de presentación de solicitudes, para optar os distintos premios, proposta previa dos diferentes clubes/entidades/institucións, xa está aberto ata o 23 DE NOVEMBRO 2018.