Presentación do libro “Cartafol de Miraxes”

Presentación do libro “Cartafol de Miraxes”

Este xoves 9 de maio de 2019, Aleixandre Lago Barcala estará en Vilalba para presentar o libro “Cartafol de Miraxes” obra gañadora do “XLIV Certame Literario de Poesía do Concello de Vilalba” do 2018.

Estará acompañado neste acto por Xulio Xiz, secretario do xurado do Certame Literario de Poesía do concello de Vilalba e presentador do acto, Quique Alvarellos, director de Alvarellos editora, e o alcalde Agustin Baamonde Díaz.

Acompañamento musical de Corredores de Sombra.

A cita será no salón de actos “Terra Chá” do Parador de Turismo de Vilalba este xoves día 9 ás 20:00horas.