Unha Noite Na Praia

Unha Noite Na Praia.
Unha comedia co mar de fondo. Carlos Branco e Xosé A. Touriñán estrean obra escrita por Javier Veiga.
Touriñán e Branco volven á escena despois de cultivar numerosos éxitos coa obra Somos Criminais.
Nesta ocasión os actores interpretan a Klaus e Manuel, un galego que traballa nun chiringuito e un turista sueco, que coinciden á tardiña nunha praia fronte ao mar. Klaus e Manuel comezan a falar, e comparten anécdotas e recordos. Pero aos poucos van saíndo tamén os medos, os soños e as inseguridade. E finalmente son secretos e confesións que se cadra sería mellor non confesar. Durante as súas conversacións o público poderá comprobar que se parecen tanto entre eles como o restaurante do Ikea a un furancho.

Nesta ocasión celebraranse tres pases, un o venres día 10 de maio ás 21:00h e dous o sábado 11 ás 20:00h e ás 22:30h
Lugar: Auditorio Carmen Estévez
Datas: __Venres 10 de maio ás 21:00h
__Sábado 11 de maio ás 20:00h e ás 22:30h.
Prezo: entrada anticipada 16€- o día da actuación 18€
Evento con butacas numeradas.
Xa a venda na Casa da Cultura de 11h a 13h e de 17:30h a 21h., venda online en Ataquilla.com.
La imagen puede contener: 2 personas, texto