XI Noite de San Xoán

O domingo 23 de xuño celebramos a “XI Noite de San Xoán”, cunha “Gran sardiñada”, que dará comezo ás 21.00h na Praza de Sta. María coa degustación de sardiñas, pan, liscos, cervexa, viños, … típico desta noite e posteriormente o espectáculo de Terras de Queimada.

Amenizará as prazas o grupo “Fonte de Merlán”.

Na Praza de San Xoán, teremos os seguintes actos:

18:30h- Coral Mato Vizoso

19:00h- Teatro de títeres Micromina

23:00h- Pregón a cargo de Baruk Domínguez

23:15h- Escola de Teatro de Vilalba Meigas.

23:30h- Acendido de Fogueiras

00:10h Concerto Superglue

Para a comida, temos un total de 1.000 tickets que xa están a disposición do público na Casa da Cultura de Vilalba.

Os tickets son gratuítos.