XLVIII Premio de Poesía do Certame Literario do Concello de Vilalba

O Concello de Vilalba publica as bases do XLVIII Premio de Poesía do seu Certame Literario, dotado con 7.000 euros e a publicación da obra. O prazo para presentar os traballos remata o 3 de xuño ás 14:00 horas.

Este certame pretende cumprir co obxectivo do goberno local de impulsar a produción cultural e tamén busca apostar pola creación poética en lingua galega. O gañador ou gañadora recibirá, ademais da dotación económica, unha flor natural e un diploma.