A CIDADANÍA XA PODE DISFRUTAR DO NOVO PARQUE INFANTIL E BIOSAUDABLE DA PRAZA DA CONSTITUCIÓN

Os veciños e veciñas de Vilalba poden desfrutar desde hoxe do novo espazo de xogos infantís e biosaudables realizado polo concello para humanizar os parterres existentes na parte oeste da praza da Constitución

Os veciños e veciñas de Vilalba poden desfrutar desde hoxe do novo espazo de xogos infantís e biosaudables realizado polo concello para humanizar os parterres existentes na parte oeste da praza da Constitución.

A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, e o concelleiro de Infraestruturas, Luis Fernández, visitaron esta mañá o espazo cos responsables da empresa encargada das obras.

A actuación tivo un orzamento de 48.380 euros e serve para completar o parque infantil existente na praza, recentemente reformado tamén polo goberno local. O concello creou un gran espazo de lecer con xogos infantís adaptados a todas as idades e aparatos adaptados ao coidado da saúde e da mobilidade das persoas adultas. 

En concreto, acondicionouse a explanada cun pavimento amortiguador de seguridade. Doutra banda, conserváronse as árbores de maior importancia, resembrouse o céspede natural nas zonas de vexetación e plantouse un peche perimetral vexetal.

Instalouse un rocódromo para nenos e nenas, un dos primeiros ao aire libre que se fan en Galicia destas características. Hai tamén un campo de fútbol de material sintético para xogar 3×3 os nenos e aparatos biosaudables para a xente adulta, cuxos modelos escollidos permiten mellorar a condición física. 

“Continuamos con estas obras co proceso de renovación de todos os parques e zonas infantiles e de lecer, que xa fixemos na propia praza da Constitución e faremos a curto prazo na alameda de Basanta Olano”, explica Luis Fernández.

22 de Outubro de 2021

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies